Xunta de Galicia
A Xunta de Galicia ou simplemente Xunta aparece definida no Estatuto de Autonomía de Galicia coma o órgano colexiado do Goberno de Galicia. Está composta polo Presidente, vicepresidentes e conselleiros. Os vicepresidentes e os conselleiros son nomeados polo presidente. Galicia exerce as súas funcións administrativas a través da Xunta e das consellarías. A Presidencia da Xunta de Galicia ten a sede no Pazo de Raxoi.
Índice |
Atribucións e funcionamento [editar]
A Xunta regula os seus propios tributos, elabora as normas para xestionar os impostos estatais e elabora e aplica o orzamento de Galicia. Tamén ten competencias exclusivas, entre as que se atopan as referidas á organización das súas institucións de autogoberno e das comarcas e parroquias rurais como entidades propias de Galiza; ordenación do territorio e do litoral, urbanismo e vivenda; actuacións en relación ás institucións do Dereito Civil galego; normas procesais e procedementos administrativos que se deriven do específico Dereito galego ou da organización dos poderes públicos; obras públicas; vías férreas, estradas e transporte; portos, aeroportos e heliportos; aproveitamentos forestais, hidráulicos e relativos á enerxía eléctrica; augas minerais e termais; pesca nas rías e augas interiores; feiras e mercados; artesanía, patrimonio artístico, bibliotecas, museos, conservatorios de música e servizos de Belas Artes; fomento da cultura e da investigación; promoción e ensino da lingua galega, do turismo e do deporte; asistencia social; creación dunha Policía Autónoma; réxime das fundacións; casinos, xogos e apostas; centros de contratación de mercancías e valores; confrarías de pescadores e distintas cámaras e normas adicionais sobre protección do medio ambiente.
Historia [editar]
A Xunta de Galicia ten a súa orixe na Xunta do Reino de Galiza creada en 1528 e que perviviría, con algunhas interrupcións, ata 1833.
Durante a Guerra da Independencia Española, en 1808, crease a Xunta Suprema de Galicia para dirixir a loita contra os franceses e manter a orde pública. A Xunta Suprema asumiu funcións militares, lexislativas e de relacións internacionais ata a creación da Xunta Central Española.
En 1843 constituíuse unha Xunta Central de Galicia presidida por Xosé María Suances oposta á rexencia de Espartero.
En 1846 prodúcese o levantamento do comandante Solís en Lugo, que disolve o Consello Provincial e a Deputación organizando a Xunta Superior do Goberno de Galicia, presidida por Pío Rodríguez Terrazo e que remataría co fusilamento dos Mártires de Carral.
Finalmente, o Real Decreto-Lei 7/1978 e o Real Decreto 474/1978 aprobados o 16 de marzo de 1978 designan a Xunta de Galicia como goberno galego [1].
Presidencia da Xunta de Galicia [editar]
- Artigo principal: Presidente da Xunta.
- 1978-1979 - Antonio Rosón Pérez (UCD) (preautonómico)
- 1979-1982 - Xosé Quiroga Suárez (UCD) (preautonómico ata 28 abril 1981)
- 1982-1987 - Xerardo Fernández Albor (AP)
- 1987-1990 - Fernando Ignacio González Laxe (PSdeG)
- 1990-2005 - Manuel Fraga Iribarne (PP)
- 2005-2009 - Emilio Pérez Touriño (PSdeG)
- 2009- - Alberto Núñez Feijoo (PP)
Consellarías [editar]
Desde o 2 de decembro de 2012 [3] o goberno da Xunta está formado polo presidente e 8 consellarías, todas elas rexidas por membros do PPdeG. A única mudanza co anterior goberno é o cambio de Javier Guerra por Francisco Conde á fronte da Consellería de Economía e Industria.
- Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza: Alfonso Rueda.
- Consellería de Facenda: Helena Muñoz.
- Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas: Agustín Hernández.
- Consellería de Economía e Industria: Francisco Conde López.
- Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria: Xesús Vázquez Abad.
- Consellería de Sanidade: Rocío Mosquera.
- Consellería de Traballo e Benestar: Beatriz Mato.
- Consellería de Medio Rural e do Mar: Rosa Quintana.
Situación [editar]
- Edificios Administrativos San Caetano
San Caetano, s/n
15704 - Santiago de Compostela - Pazo de Raxoi
Praza do Obradoiro.
15705 - Santiago de Compostela - Sede da Xunta de Galicia na Coruña
Avda. Salvador de Madariaga, 9
154781 - A Coruña - Sede da Xunta de Galicia en Lugo
Ronda da Muralla, 70
27071 - Lugo - Sede da Xunta de Galicia en Ourense
Avda. da Habana, 79
32004 - Ourense - Sede da Xunta de Galicia en Pontevedra
Rúa Fernández Ladreda s/n. - Pontevedra - Sede da Xunta de Galicia en Vigo
Rúa Concepción Arenal, 8
36201 - Vigo
Notas [editar]
Véxase tamén [editar]
Outros artigos [editar]
- Parlamento galego
- Alberto Núñez Feijoo
- Partido Socialista de Galicia
- Bloque Nacionalista Galego
- Partido Popular de Galicia
Ligazóns externas [editar]
- Páxina oficial da Xunta de Galicia
- As orixes medievais da Xunta de Galicia Historia da Xunta de Galicia.
|
|||||||||