Diáspora galega

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Monumento aos emigrantes (Oleiros), Luis Seoane,

Coñécese como diáspora galega o proceso de emigración masiva que se produciu en Galicia durante as 3 últimas décadas do século XIX ata ben pasada a metade do século XX. Na segunda década do século XXI por mor da crise en Galicia e España iníciase unha segunda vaga de emigración galega, principalmente cara países do norte de Europa (Alemaña e Inglaterra), normalmente mozos con estudos e un nivel cultural medio-alto.

A xénese do proceso[editar | editar a fonte]

Nas súas orixes obedeceu a razóns económicas e sociais, marcadamente á pobreza como consecuencia da falta de traballo, a isto sumáronselle razóns políticas, fundamentalmente pola represión franquista, que en Galicia comezou en xullo de 1936, ó pouco de estalar a Guerra Civil.

Castelao, considerado como unha icona do exilio galego.

Na figura de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, xornalista, escritor, médico, e artista plástico, atópase unha icona deste proceso e das súas consecuencias.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]