Cerceda

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 43°11′19″N 08°28′13″W / 43.18861°N 8.47028°W / 43.18861; -8.47028

Cerceda
Escudo de Cerceda
P1120447 Cerceda casa concello.JPG
Casa do concello.
Situación
Situacion Cerceda.PNG
Xentilicio[1]: Cercedense
Xeografía
Provincia: Provincia da Coruña
Comarca: Ordes
Poboación: 5.486 hab. (2009)
Área: 110,9 km²
Densidade: 50,47 hab./km²
Entidades de poboación: 6 parroquias
Capital do concello: Cerceda
Política (2011)
Alcalde: José García Liñares (PSdeG-PSOE)
Concelleiros: BNG: 1
PPdeG: 5
PSdeG-PSOE: 7
Outros: -
Eleccións municipais en Cerceda
Uso do galego[2] (2001)
Galegofalantes: 99,47 %
Sitio web oficial
www.cerceda.org

Cerceda é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Ordes. Segundo o INE a súa poboación no 2009 era de 5.570 habitantes (5.483 no 2006, 5.500 no 2005, 5.499 no 2004, 5.471 no 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é Cercedense.

Evolución da poboación de Cerceda - desde 1900 ata 2009 -
 1900  1930  1950  1981  2004  2009
 4.803  5.949  7.418  7.201  5.499  5.486
Fontes: INE e IGE

(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)


Índice

[editar] Patrimonio

Existen restos de dous castros galaicos, o castro de Coto de Guichar (na parroquia das Encrobas) e o castro de Cerceda. Neste atopouse un torque de ouro, conservado no Museo Provincial de Lugo.

Entre os diversos templos relixiosos destaca a igrexa de Santo André de Meirama, construída no século XII e reformada en 1720.

Do pazo de Boedo, declarado en 1994 Ben de Interese Cultural, mantense do un caserón cun par de chemineas e uns brasóns. No pazo-torre de Gontón das Encrobas están localizadas na actualidade as oficinas da empresa mineira Limeisa. A súa torre tiña orixe medieval. O pazo das Lavandeiras foi construído no século XVIII, de estilo barroco, estando no presente restaurado. Forma parte dun conxunto histórico fundado polos descendentes dos Becerra.

No concello está localizada a planta de tratamentos de residuos da empresa Sogama, así como un parque industrial. Para o tempo de lecer, está o parque acuático Aquapark.

[editar] Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes de Cerceda.

[editar] Lugares de Cerceda

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Cerceda vexa: Lugares de Cerceda.

[editar] Parroquias

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Cerceda

Cerceda (San Martiño) | As Encrobas (San Román) | Meirama (Santo André) | Queixas (Santa María) | Rodís (San Martiño) | Xesteda (Santa Comba)

[editar] Notas

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Datos de 2001 publicados en 2004.

[editar] Véxase tamén

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría:
Ferramentas persoais
Espazos de nomes
Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas