AP-9
|
||||
|---|---|---|---|---|
|
|
||||
| Clasificación | Rede de alta capacidade | |||
| Tipoloxía | Autoestrada de peaxe | |||
| Ruta Europea | ||||
| Inicio | Ferrol | |||
| Fin | Fronteira con Portugal | |||
| Lonxitude | 219,6 km | |||
A Autoestrada do Atlántico é unha autoestrada situada no oeste de Galicia. Comunica a cidade de Ferrol coa fronteira con Portugal, cruzando o oeste de Galiza de norte a sur, atravesando as provincias da Coruña e Pontevedra. No extremo sur da autoestrada, ao chegar a Portugal, convértese na A-3, con destino á capital portuguesa, Lisboa.
Comunica grandes cidades e vilas coma Ferrol, Narón, Neda, Fene, Pontedeume, Miño, Betanzos, A Coruña, Ordes, Santiago de Compostela, Padrón, Pontevedra, Vigo, O Porriño ou Tui.
Índice |
Historia[editar]
En 1973 o Estado concedeu a construción da autoestrada a Autopistas del Atlántico, C.E.S.A., hoxe pertencente a Sacyr Vallehermoso. A autoestrada supuxo unha inversión duns 1.428 millóns de euros. O 16 de outubro de 1973, constituíuse a sociedade Audasa. Axiña xurdiu oposición social ao proxecto[1].
O 17 de decembro comezou a construción da ponte de Rande. As seguintes obras en comezar foron as do acceso a Vigo o 1 de xullo de 1975, as do tramo "Ponte de Rande - Pontevedra Sur" 2 meses despois, e "A Coruña - Santiago Norte" un ano despois. Estes tramos foron inaugurados entre 1979 e 1984.
En 1988 inaugurouse o tramo "Santiago Norte - Santiago Sur". En 1989 comezaron as obras da ponte da Ría sobre a ría de Pontevedra. En 1990 inauguráronse os tramos "Santiago Sur - Padrón". Ao ano seguinte abríuse ao público o tramo "Padrón - Caldas de Reis", e en 1992 "Pontevedra Norte - Pontevedra Sur" e "Caldas de Reis - Pontevedra" (1992).
Entre 1993 e 1997 comezaron as obras entre "Guísamo - Miño"; "Rande - Puxeiros" e "Miño - Fene". De 1997 a 2000, inauguráronse tódalas obras anteriores xunto co tramo "Teis - Intercambiador de Rebullón". Ademais, no 2000 prolongouse a Autoestrada do Atlántico coa incorporación do tramo do "Acceso norte a Ferrol" e amplióuselle a concesión até o ano 2048.
Dende o 2001 até a actualidade, iniciáronse só as seguintes dúas obras: acceso norte a Ferrol por Fene, Neda e Narón; e o tramo "Intercambiador de Rebullón - Portugal".
Datos[editar]
A Autoestrada do Atlántico conta con 444 pasos a través da autoestrada e 6 túneles, que en total suman 7 km ao longo de toda a autoestrada. Ademais ten 65 pontes e viadutos, entre eles a que no seu día foi a ponte atirantada con máis de dous carrís máis longa do mundo, a ponte de Rande, protagonista de diversos anuncios publicitarios. Mide 1.555 metros, e obtivo en 1979 o premio europeo á construción metálica máis destacada.
En 1996, cando contaba con 156,3 km de lonxitude, a empresa concesionaria ingresou 46.870.000 € en concepto de peaxes, cunha afluencia media de 13.852 vehículos diarios. No 2004, xa con 219,6 km, ingresáronse 118.290.000 €, cunha media de 22.565 vehículos diarios, 38,61 % máis ca 8 anos antes.
Tarifas[editar]
A tarifa máxima (para cruzar de norte a sur, é dicir, dende Ferrol até Tui) é de[2]:
| Categoría | Vehículos | € |
|---|---|---|
| 1 | Motocicletas, turismos, furgóns e furgonetas de 2 eixos e 4 rodas, microbuses de 2 eixos... | 19,30 |
| 2 | Autocares de 2 ou 3 eixos e autocares de 2 eixos con remolque de 1 eixo, camións de 3 eixos e camións de 2 eixos con remolque de 1 eixo, turismos de 2 eixos e 4 rodas con remolque de 1 eixo con roda xemelga... | 33,10 |
| 3 | Camións e autocares de máis de 4 eixos | 42,25 |
Tramos[editar]
| Denominación | Tramo | Km |
|---|---|---|
| AP-9 | Ferrol - Intercambiador | 37,5 |
| AP-9 | A Coruña - Vigo | 153,5 |
| AP-9 | Teis - Tui | 28,6 |
Zonas libres de peaxe[editar]
Dende o fin da autoestrada Ferrol ata a peaxe de Fene segue sendo AP-9 e actuando coma circunvalación de Ferrol, Narón, Neda e Fene. Dende Sigüeiro ata a saída da SC-20 é a AP-9 e Formando parte da circunvalación de Santiago de Compostela.
Dende a peaxe de Poio ata a saída cara a Ourense-N-554 segue sendo AP-9 e formando parte da circunvalación de Pontevedra. En Vigo tamen pasa a ser AP-9 formando parte da circunvalación de Vigo só nas saídas cara a Vigo, A-55, A-52 e AG-57.
Saídas AP-9[editar]
Tramo AP-9F: "Guísamo - Ferrol"[editar]
| Número de Saída | Nome de Saída | Estrada que enlaza |
|---|---|---|
| Guísamo continúa en dirección A Coruña e Santiago de Compostela por AP-9 | AP-9 | |
| A Coruña Santiago de Compostela |
AP-9 | |
| Peaxe de Guísamo | ||
| Guísamo | N-VI | |
| Bergondo - Sada | AC-161 | |
| Miño | AC-154 | |
| Área de Servizo de Miño | ||
| Túnel de Campolongo 540m | ||
| Cabanas - Pontedeume | N-651 AC-564 | |
| Túnel de Pedra de Couto 1000m. | ||
| Fene Sur | ||
| Peaxe de Fene | ||
| Fene Norte | N-651 | |
| Túnel de Sartego 1048m. | ||
| Narón - Neda | AC-115 | |
| Freixeiro | AC-115 | |
| Vilalba Ferrol |
AG-64 FE-13 |
|
| Ferrol continúa por FE-15 |
Tramo AP-9: "A Coruña - Tui"[editar]
| Número de Saída | Nome de Saída | Estrada que enlaza |
|---|---|---|
| A Coruña continúa en dirección Coruña AC-11 | AC-11 | |
| Avenida Alcalde Alfonso Molina Ponte da Pasaxe |
AC-11 AC-12 |
|
| Área de Servizo do Burgo | ||
| Cambre - Aeroporto de Alvedro | N-550 | |
| Cambre | AC-214 AC-221 | |
| Ferrol - Pontedeume | AP-9F | |
| Peaxe de Guísamo | ||
| Madrid - Lugo - Arteixo | A-6 | |
| Área de Descanso de Piadela | ||
| Área de Servicio de Ameixeira | ||
| Ordes | AC-524 | |
| Sigüeiro - Aeroporto da Lavacolla | ||
| Peaxe de Sigüeiro | ||
| Área de Descanso de Marantes | ||
| Santiago de Compostela Lugo - Aeroporto da Lavacolla |
SC-20 A-54 |
|
| Ourense A Estrada |
AP-53 AG-56 |
|
| Santiago de Compostela Ourense |
SC-11 N-525 |
|
| Santiago de Compostela - Milladoiro Noia |
SC-20 AG-56 |
|
| Peaxe de Teo | ||
| Área de Servicio de Compostela | ||
| Padrón Ribeira |
N-550 AG-11 |
|
| Ribeira - Catoira Valga |
PO-100 N-550 |
|
| Caldas de Reis - Vilagarcía de Arousa | N-640 | |
| Área de Servicio do Salnes | ||
| Sanxenxo - O Grove | AG-41 | |
| Peaxe de Poio | ||
| Pontevedra | PO-531 | |
| Pontevedra Ourense Vigo |
PO-10 N-541 N-550 |
|
| Marín Pontevedra |
PO-10 PO-12 |
|
| Área de Descanso de Bértola | ||
| Redondela - Vilaboa | N-550 | |
| Peaxe de Figueirido | ||
| Área de Servicio de San Simón | ||
| Moaña - Cangas | CG-4.1 | |
| Redondela | N-552 | |
| Vigo - Chapela Teis |
AP-9V N-552 |
|
| Túnel de Madroa 440m | ||
| Túnel de Candeán 860m | ||
| Redondela - Aeroporto de Vigo | N-556 | |
| Vigo - Tui Madrid - Ourense |
A-55 A-52 |
|
| Vigo Nigrán - Baiona |
VG-20 AG-57 |
|
| Porriño Vigo - Tui Ourense |
A-55 A-52 |
|
| Peaxe de Porriño | ||
| Tui Vigo - Portugal |
A-55 |
|
| Tui continúa en dirección Portugal por A-55 | A-55 |
Tramo AP-9V: "AP-9 - Vigo"[editar]
| Número de Saída | Nome de Saída | Estrada que enlaza |
|---|---|---|
| Continúa en dirección Coruña e Portugal por AP-9 | AP-9 | |
| A Coruña Portugal |
AP-9 | |
| Teis - Chapela | N-552 | |
| Avenida Bos Aires - Aeroporto de Vigo | ||
| Avenida García Barbón - Porto de Vigo | ||
| Vigo |
Lingua galega na AP-9[editar]
Malia que o seu percorrido discorre completamente por Galiza, na autoestrada AP-9 moitos dos paneis informativos están en castelán, como os indicadores dos viadutos, das áreas de servizo, ou os carteis informativos das peaxes.
Notas[editar]
- ↑ Autopista, unha navallada á nosa terra, mediametraxe de Llorenç Soller de 1977.
- ↑ Tarifas oficiais (decembro de 2012).