Pontella (pasaxe)
| Este artigo ou sección precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros de texto ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde maio de 2012.) |
Unha pontella é unha construción semellante a unha ponte, máis pequena e estreita, de madeira ou pedra e de construción simple, que serve para atravesar normalmente regueiros ou ríos pequenos.
Índice |
Características [editar]
É unha construción tradicional ou vernácula asociada ás vías ou camiños, froito da evolución dos pasadoiros, normalmente cando temos máis caudal e non abonda coa colocación dunhas pedras nun vao. Nalgúns casos permite o paso do gando e incluso do carro.
Consiste nuns piares ou muros de pedra laterais (elementos verticais) nos que pousan unha ou varias lousas de pedra, ou un forxado de madeira ou de madeira e pedra (elementos horizontais). Adoitan ter un só van, nalgúns casos poderiamos considerar pontellas a aquelas pontes sinxelas de dous vans, que incuirían unha barbacá central. Construtivamente é unha solución moi sinxela, semellante ao traballo dun lintel. Á diferenza das pontes, non se empregan arcos nas pontellas; de feito non é común o uso do arco nas construcións tradicionais galegas. Normalmente carecen de varanda, nalgúns casos poden ter un rebordo baixo en pedra ou unha varanda sinxela de madeira.
Aparecen en todo o mundo, sendo moi frecuentes e semellantes en toda a vertente atántica europea pola abundancia de regueiros, dende o Norte de Portugal e Galicia até o sur de Escandinavia, pasando polas Illas Británicas. Os materiais empregados soen ser o granito, o xisto e a madeira.
Pontillóns [editar]
Cando a pontella é máis complexa, con múltiples vans, soe denominarse pontillón. Adoitan construirse en granito para atravesar ríos anchos e pouco fundos, normalmente preto dos muíños.
Toponimia [editar]
As pontellas son moi comúns en toda Galicia pola gran cantidade de cursos de auga, isto refíctese nunha rica toponimia. Por exemplo, Pontellas ou A Pontella.
Outros nomes [editar]
As pontellas tamén se coñecen en Galicia como pasarelas, ponticelas, pontellos ou pontigos.