Galicia Hoxe

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Galicia Hoxe foi un diario galego que se publicou en Santiago de Compostela editado pola Editorial Compostela, a mesma que edita El Correo Gallego. Foi o primeiro diario en lingua galega, apareceu o 6 de xaneiro de 1994 coa cabeceira O Correo Galego e cunha tirada inicial de 10.000 exemplares[1], e en maio de 2003 cambiou para o seu nome definitivo. O derradeiro número saíu o 28 de xuño de 2011. As razóns so peche hai que buscalas, segundo o propio medio, no recurte de axudas económicas que habitualmente recibía da Xunta de Galicia[2].

Notas [editar]

  1. Helena Goyanes Vioar et al. A información en galego. Edicións Lea, 1996, páxina 19
  2. Galicia Hoxe, Galicia Hoxe, 28/6/2011.

Véxase tamén [editar]

Ligazóns externas [editar]