Aranga

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 43°14′00″N 08°00′57″W / 43.2333333°N 8.01583°W / 43.2333333; -8.01583

Aranga
Escudo de Aranga
ConcelloAranga.jpg
Casa do Concello
Situación
Situacion Aranga.PNG
Xentilicio[1] arangués
Xeografía
Provincia Provincia da Coruña
Comarca Comarca de Betanzos
Poboación 2072 hab. (2012)
Área 119,6 km²
Densidade 17,32 hab./km²
Entidades de poboación 6 parroquias
Capital do concello Pontearanga
Política (2011)
Alcalde Alberto Platas (PPdeG)
Concelleiros BNG: 1
PPdeG: 6
PSdeG-PSOE: 4
Outros: -
Eleccións municipais en Aranga
Uso do galego[2] (2001)
Galegofalantes 99,17%
Páxina web oficial
www.aranga.es

Aranga é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Betanzos. Segundo o IGE, o 1 de xaneiro de 2012 tiña 2.072 habitantes, 1.038 homes e 1.034 mulleres (2.142 no 2009, 2.230 no 2006, 2.264 no 2005, 2.274 no 2004, 2.307 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é arangués.

Índice

Demografía [editar]

É un dos dous únicos concellos da provincia da Coruña que se considera concello rural marxinal (a poboación agraria supera o 70 % do total de poboación activa).

Evolución da poboación de Aranga (desde 1900 ata 2012)
 1900  1930  1950  1981  2004  2009  2011  2012
 4.710  4.980  4.618  2.723  2.274  2.142  2.113  2.072
Fontes: INE e IGE

(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Censo Total 2.113
Menores de 16 anos 120 (5,72 %)
Entre 16 e 64 anos 1.221 (57,78 %)
Maiores de 64 anos 772 (36,54 %)

Xeografía [editar]

Ten unha superficie de 119,6 km². Limita cos concellos de Guitiriz (da provincia de Lugo), Curtis, Oza dos Ríos, Coirós, Irixoa e Monfero. O concello está atravesado polo río Mandeo.

Está situado a 40 km ao sueste da capital da provincia. Ten unha altitude media de 262 m sobre o nivel do mar.

Patrimonio [editar]

Consérvanse restos prehistóricos. Xunto á ermida de San Vitorio hai varios campos de dólmenes e un castro. Na Costa do Sal hai varios petróglifos, mámoas e outros restos.

En Fervenzas existen tres castros: no Valló, nos Casarellos e o máis o castro das Cotorras. Aprézase ben toda a súa estrutura, as murallas e o antecastro. Na parroquia atopáronse outros restos arqueolóxicos, como pequenos utensilios, hachas, puntas de flechas, e restos de enterramentos, especialmente nos arredores do Mato.

En Muniferral hai un castro, no que se aprecia ben toda a súa estrutura. En Feás está documentada a existencia dun castro denominado Castro de Flores, no lugar coñecido como Flores ou A Feira. Nas inmediacións do mesmo produciuse o achado dun torques, actualmente depositado no Museo Arqueolóxico Nacional (Madrid), e que aparece catalogado como torques de Ois (o lugar de Flores, e o propio castro, sitúanse da cabalo dos concellos de Coirós, parroquia de Santa María de Ois, e Aranga, parroquia de Feás), pero que tamén é coñecido como torques de Flores.

Arte relixiosa [editar]

A igrexa de Muniferral é un templo románico, do século XII. A igrexa de San Paio é barroca, do século XVII. Na capela do Cristo consérvase a Santa Cruz, de latón do século X.

Son numerosos os Cruceiros existentes nas distintas parroquias do concello. O cruceiro de San Vicente de Fervenzas está datado entre finais do século XV e principios do XVI. A capela de San Salvador de Fervenzas aparece xa citada no Catastro de Ensenada.

Arte Civil [editar]

A ponte sobre o río Mandeo en Pontearanga, data do século XVII. A Ponte Vella, na Castellana, tamén sobre o río Mandeo, data do século XVI, sendo posteriormente reformada. Por esta ponte pasaba o camiño real da Coruña a Lugo.

Existen varias pazos ou casas grandes de interese, como é o caso da casa do Vinculeiro, no lugar da Lagoa, na parroquia de Feás, hoxe en deficiente estado de conservación, e que presenta un intersante portalón de pedra.

Galería de imaxes [editar]

Artigo principal: Galería de imaxes de Aranga.

Parroquias [editar]

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Aranga

Aranga (San Paio) | Cambás (San Pedro) | Feás (San Pedro) | Muniferral (San Cristovo) | San Vicente de Fervenzas (San Vicente) | Vilarraso (San Lourenzo)


Lugares de Aranga [editar]

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Aranga vexa: Lugares de Aranga.

Notas [editar]

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Datos de 2001 publicados en 2004.

Véxase tamén [editar]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría:


Concellos da Comarca de Betanzos Comarca de Betanzos
Aranga
Aranga
Betanzos
Betanzos
Cesuras
Cesuras
Coirós
Coirós
Curtis
Curtis
Irixoa
Irixoa
Miño
Miño
Oza dos Ríos
Oza dos Ríos
Paderne
Paderne
Vilarmaioro
Vilarmaior
Vilasantar
Vilasantar