Rede Natura 2000

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Serra da Estrela, área portuguesa que forma parte da Rede Natura.

A Rede Natura 2000 é un conxunto de espazos naturais protexidos a escala da Unión Europea, relativa á conservación dos hábitats naturais e da fauna e flora silvestres, co obxecto de protexer os espazos naturais máis importantes de Europa. Creouse no ano 1992.

Conservación[editar | editar a fonte]

Componse de zonas de especial conservación (ZEC) declaradas polos estados membros, e ademais, das zonas de protección especial para as aves (ZEPA), relativas á conservación das aves silvestres.

Sinalización da Rede Natura 2000 na Enseada de San Simón.

En Galiza[editar | editar a fonte]

A Rede Natura 2000 na Galiza está constituída por 14 zonas de especial protección para as aves (ZEPA) e polos 59 espazos incluídos na proposta de lugares de importancia comunitaria (LIC), 55 dos cales están incluídos na lista de LIC da rexión bioxeográfica atlántica aprobada pola Decisión da Comisión de 7 de decembro de 2004 (DOCE L387 de 29/12/2004). En total, a rede Natura 2000 ocupa 71.579 hectáreas correspondentes a zonas ZEC e 374.405 a lugares de importancia comunitaria.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Rede Natura 2000

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]