Donicela
| Donicela ou denosiña | |||||||||||||||||||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
|||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Nome binomial | |||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Mustela nivalis Linnaeus, 1766 |
|||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Distribución de Mustela nivalis
|
|||||||||||||||||||||||||||||||||||
A donicela (Mustela nivalis), tamén coñecida como doniña, denociña, denosiña ou gonicela, é un animal mamífero, membro da familia Mustelidae moi semellante ao armiño (Mustela erminea) o seu parente máis achegado. Difire deste no tamaño e sobre todo na pelame: no armiño o extremo da cola permanece negro tanto no verán como no inverno. A donicela é o mustélido máis pequeno. Prefire as paisaxes abertas, os campos, praderías, lindes dos bosques e terreos baldíos invadidos pola maleza. É un animal bastante común, que se alimenta sobre todo de pequenos roedores, aos que persegue ata nos seus tobos, debido á súa delgadez.
As donicelas poden presentar sorprendentes variacións de tamaño. Estas débense, por unha banda, ao dimorfismo sexual, xa que as femias son bastante máis pequenas que os machos e, por outra, á existencia nas poboacións de individuos de tamaño moi reducido, considerados ata hai pouco como pertencentes a unha especie autónoma.
As donicelas viven en toda Europa, excepto en Irlanda, algunhas illas do Mediterráneo e Islandia. Tamén se atopan no norte de África e en toda a zona tépeda asiática ata o Xapón.
(Vexáse o mapa de distribución en Galicia embaixo)
[editar] Véxase tamén
[editar] Ligazóns externas
- Ficha técnica e guía sobre a donicela (en castelán)