Itinerario de Antonino
O denominado Itinerario Antonino ou Itinerario de Antonino é unha recompilación de rutas do Imperio Romano. Deste itinerario soamente se conserva a copia procedente da época do emperador Diocleciano (século IV), mais suponse que foi redactado en torno ó século III.
En cada ruta identificábanse mansións (paradas de postas) coas súas correspondentes millas (sinaladas por un ou varios miliarios). Nun principio pensouse que era unha especie de ¨Guía de viaxes¨, mais polas súas características, semella ser feito co fin de facilitar a localización das mansións con fins recadatorios.
Índice |
[editar] As vías no imperio
No documento sinálanse 372 camiños con 85.000 quilómetros percorrendo todo o imperio. 34 rutas correspóndense coas provincias de Hispania.
[editar] As vías romanas na Gallaecia
Grazas ó itinerario téñense localizado gran cantidade de mansións desaparecidas pola antiga rede de vías romanas, coma no caso das vías da Gallaecia, a vía XVII, vía Nova ou Vía XVIII atravesando a actual provincia de Ourense, a vía XIX e a vía XX que ían de Bracara Augusta (Braga) a Asturica Augusta (Astorga) percorrendo a Gallaecia por varios itinerarios.