Rianxo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Rianxo
Escudo de Rianxo
Vila de Rianxo.jpg
Panorámica da vila
Situación
Situacion Rianxo.PNG
Xentilicio[1]: Rianxeiro
Xeografía
Provincia: Provincia da Coruña
Comarca: Barbanza
Poboación: 11.769 hab. (2009)
Área: 58,8 km²
Densidade: 196,90 hab./km²
Entidades de poboación: 6 parroquias
Capital do concello: Rianxo
Política (2011)
Alcalde: Adolfo Muíños (BNG)
Concelleiros: BNG: 6
PPdeG: 6
PSdeG-PSOE: 5
Outros: -
Eleccións municipais en Rianxo
Uso do galego[2] (2001)
Galegofalantes: 99,36 %
Sitio web oficial
portelo.rianxo.com

Rianxo (xentilicio: Rianxeiro) é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca do Barbanza. A vila ten unha poboación de 11.769 habitantes (2009)[3], o que a fai a terceira maior cidade da comarca, despois de Ribeira e Boiro. O concello posúe unha densidade de poboación de 196,50 hab./km², e unha superficie de 58,8 km².

Índice

[editar] Situación

O concello de Rianxo atópase na marxe dereita do río Ulla e da ría de Arousa, a uns 50 km de Compostela. Rianxo fai fronteira polo norte cos concellos de Lousame e Rois, polo sur coa ría de Arousa, polo leste cos concellos de Dodro e Catoira (separada do concello polo río Ulla), e polo oeste co concello de Boiro.

[editar] Lugares de interese turístico

A vila de Rianxo destaca polo seu atractivo turístico e cultural. Na parroquia do Araño atópase o meirande hórreo de toda Galicia[4], en canto a lonxitude (36,75 metros a cámara e 37,05 m o celeiro), e capacidade (cámara 109,31 m³, celeiro 59,09 m³). No tocante ao seu atractivo paisaxístico a vila destaca polo esteiro do Ulla, as súas praias e os miradores do Castro Barbudo, Monte Pena e do Pico Muralla dende o que se pode ver as torres da catedral de Santiago de Compostela e incluso as Illas Cíes, na bocana da Ría de Vigo, e inda máis alá, ata preto da costa portuguesa. Rianxo tamén destaca polo seu patrimonio arqueolóxico e cultural. Na vila atópanse númerosas mámoas como Os Campiños; petróglifos, na actualidade están catalogadas 59 estacións rupestres no concello; castros como o do Castriño, o das Sercas ou o de Traba; ademais de igrexas, capelas, ermidas, pazos, hórreos e cruceiros, hai máis de 118 cruceiros catalogados na vila[5].

[editar] Cultura e personaxes

Ademais de polas súas paisaxes e patrimonio, Rianxo tamén é coñecida por A Rianxeira, canción popular galega, convertida nun dos símbolos culturais de Galicia e particularmente representativa do colectivo dos emigrantes popularizada por emigrantes rianxeiros no exterior.

Orixinarios da vila son personaxes de tanto peso na cultura galega coma Castelao, Manuel Antonio ou Rafael Dieste, entre outros.

[editar] Toponimia

O topónimo de Rianxo provén seguramente do latín rivus angulus, «a curvatura do río» (Rivu(m) Ángulu(m) > Riv'ang'lo > Rianxo) dada a forma que describe a ría ao seu paso pola vila. Porén, tamén se especula con que provén de rivus amplus, «río ancho».

[editar] Demografía

Evolución da poboación de Rianxo entre 1900 e 2007:

Evolución da poboación de Rianxo - desde 1900 ata 2009 -
 1900  1930  1950  1981  2004  2009
 8.277  9.461  11.120  12.715  11.582  11.826
Fontes: INE e IGE

(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)


[editar] Política

Casa do concello
Artigo principal: Eleccións municipais en Rianxo.

Adolfo Muíños (BNG) é o alcalde de Rianxo dende xuño de 2011, cando accedeu ao posto tralas eleccións do 22 de maio de 2011. [6]. Nas derradeiras eleccións municipais do 2007, cun 63,77% de participación, o PSdG-PSOE foi o partido máis votado con 3.540 votos (49,73 %) obtendo así a maioría absoluta con 9 edís, o BNG foi o segundo partido máis votado con 1.737 (24,40%) e 4 edís, seguido polo PP con 1.725 votos (24,23%) e 4 edís[7]

Eleccións municipais, 25 de maio de 2003[8]
Partido Votos % Concelleiros
PSOE 4.404 58,88 % 11
PP 1.275 16,47 % 3
BNG 1.178 15,22 % 2
Eleccións municipais, 27 de maio de 2007[9]
Partido Votos % Concelleiros
PSOE 3.540 49,27 % 9
BNG 1.737 24,18 % 4
PP 1.725 24,01 % 4

[editar] Economía

Na vila de Rianxo o sector predominante é o primario no que destacan principalmente a pesca de baixura (sobre todo da sardiña e da xouba), o marisqueo (do berberecho e da ameixa), e o cultivo do mexillón, existindo tamén outras actividades como a agricultura, a explotación forestal, e a gandería. A maior presencia industrial é a conserveira. Nos últimos anos produciuse un notable incremento do turismo que influiu notable e positivamente na economía da vila, chegando nos meses estivais case a duplicarse a poboación. En Rianxo existe unha grande oferta de festas variadas, actos culturais e ofertas deportivas[10].

[editar] Galería de imaxes

Vexa o artigo principal en: Galería de imaxes de Rianxo
Vila de Rianxo

[editar] Lugares de Rianxo

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Rianxo vexa: Lugares de Rianxo.

[editar] Parroquias

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Rianxo

O Araño (Santa Baia) | Asados (Santa María) | Isorna (Santa María) | Leiro (Santa María) | Rianxo (Santa Comba) | Taragoña (San Salvador)

[editar] Véxase tamén


Concellos da Comarca da Barbanza Comarca da Barbanza
Boiro
Boiro
A Pobra do Caramiñal
A Pobra do Caramiñal
Rianxo
Rianxo
Ribeira
Ribeira

[editar] Notas

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Datos de 2001 publicados en 2004.
  3. IGE
  4. http://portelo.rianxo.com/index.php?idMenu=374&idIdioma=2 O hórreo máis grande
  5. Lois M. Blanco, La Voz de Galicia, 4.03.1993.
  6. http://eleccions.crtvg.es/eleccions/historico.php?id=1076 Histórico das Eleccións Municipais nos concellos galegos
  7. http://www.elpais.com/comunes/2007/elecciones/municipales/Rianxo/15/072/ Resultados Elecciones Municipales 2007 - Rianxo en castelán
  8. Eleccións 2003
  9. Eleccións 2007
  10. http://portelo.rianxo.com/index.php?idMenu=151&idIdioma=2 Economía de Rianxo
Ferramentas persoais
Espazos de nomes
Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas