Mámoa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mámoa en Corea do Sur: tumba do reino de Silla

As mámoas ou medorras ou túmulos son amoreamentos artificiais de terra e/ou pedras, habitualmente de forma esférica (xa que ás veces presentan unha estrutura lixeiramente elíptica), que se nos presentan de forma brusca sobre o terreo que sinalan e conteñen un ou varios enterramentos[1]. Normalmente no seu interior agachan unha estrutura pétrea coñecida como dolmen ou anta, formando o conxunto un túmulo funerario característica da cultura megalítica. É habitual que presenten unha depresión na parte superior coñecida como cono de violación, resto dalgunha escavación ilegal na busca de materiais preciosos. Atópanse mámoas en moitos lugares onde houbo cultura megalítica.

A denominación máis extendida para coñecer este tipo de monumentos é a de mámoa e procede do latín mammula, peito de muller. Esta denominación aplícase metaforicamente a este tipo de monumentos pola similitude dos mesmos cun peito feminino. Tamén se usan diminutivos como mamoíña ou mamoela.

Outras denominacións teñen que ver coa voz latina meta (galego "meda"), obxecto de forma cónica ou marco de delimitación. Esta palabra unida a distintos sufixos deu á súa vez distintas verbas usadas para referirse a este tipo de túmulos:

META+ ONEA > medoña
META+ ORRA > medorra
META+ ELA> medela

Outras denominacións utilizadas para referirse a este tipo de monumentos son mina ou petón.

Índice

[editar] Exemplos de mámoas polo mundo

[editar] Francia

Mámoa de Carnac coa capela posta por primeira vez no seculo XVII

O túmulo de Saint-Michel de Carnac foi construído entre 5000 e 3400 antes de Cristo (neolítico).

[editar] Notas

  1. Diccionario de termos de arqueoloxía e prehistoria, Ana Romero Masiá, Felipe Arias Vila, Ir Indo Edicións, páxina 116, ISBN 84-7680-168-8

[editar] Véxase tamén

[editar] Outros artigos


Arquitectura prehistórica de Galicia
Cronoloxía Neolítico | Idade da Pedra | Idade do Cobre | Idade do Ferro
Megálitos
Tipos mámoa, medorra ou túmulo | dolmen ou anta | menhir ou pedrafita | cista
Elementos ortóstato | cono de violación
En Galicia cultura | imaxes
Petróglifos
En Galicia GGAR | Petróglifos de Campo Lameiro | Petróglifos de Mogor | Castriño de Conxo | Laxe das Rodas | O Chan da Ferradura | Outros petróglifos
Castros
En Galicia cultura castrexa | cerámica castrexa
Castro de Armea | Castro de Baroña | Castro de Borneiro | Castro de Castromao | Castro de Elviña | Castro de Fazouro | Castro de Punta dos Prados | Castro de San Cibrao de Las | Castro de San Millao | Castro de Santa María de Cervantes | Castro de Santa Trega | Castro de Troña | Castro de Viladonga | Castro de Zoñán | Outros castros
Ferramentas persoais
Espazos de nomes
Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas