Xeoloxía
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
| Artigo nos seus primeiros pasos. Este artigo relacionado coa ciencia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados coa ciencia que precisan de revisión e nos que posibelmente tamén poidas contribuír. |
A xeoloxía é a ciencia e o estudo da Terra, a súa composición, estrutura, propiedades físicas, historia e os procesos que a formaron. É unha das Ciencias da Terra. Os xeólogos axudaron a establecer a idade da Terra nuns 4500 millóns de anos, e determinaron que a litosfera terrestre, que inclúe a codia, está fragmentada en placas tectónicas que se moven sobre o manto superior (astenosfera) a través duns procesos chamados colectivamente como tectónica de placas. Os xeólogos axudan a localizar e tratar os recursos naturais da Terra, coma o petróleo ou o carbón, así como metais coma o ferro, cobre ou uranio. Intereses económicos adicionais incluen as pedras preciosas e moitos minerais coma os asbestos, micas, fosfatos, pumita, seixo... e elementos coma o xofre, cloro ou helio.
A astroxeoloxía fai referencia á aplicación dos principios xeolóxicos a outros corpos do sistema solar. Aínda que tamén se usan términos especializados coma selenoloxía (estudios da lúa), areoloxía (de Marte), etc.
A palabra "xeoloxía" foi usada por primeira vez por Jean-André Deluc no ano 1778.
[editar] Disciplinas da xeoloxía
[editar] Cristalografía
A cristalografía é a ciencia xeolóxica que se dedica ao estudo científico de estruturas cristalinas. Os métodos cristalográficos apóianse fortemente na análise dos patróns de difracción que produce una mostra cristalina ao irradiala cun feixe de raios X, neutróns ou electróns. A estrutura cristalina tamén pode ser estudada por medio de microscópico electrónico.
[editar] Espeleoloxía
A espeleoloxía, considerada actualmente máis ben un deporte, na súa orixe é unha ciencia que estuda a morfoloxía das cavidades naturais do subsolo. Investíganse, topografíanse e catalóganse todo tipo de descubrimentos subterráneos.
[editar] Estratigrafía
A estratigrafía é a rama da xeoloxía que trata do estudo e interpretación das rochas sedimentarias estratificadas, e da identificación, descrición, secuencia, tanto vertical como horizontal; cartografía e correlación das unidades estratificadas de rochas.
[editar] Xeoloxía do petróleo
Na xeoloxía do petróleo combínanse diversos métodos ou técnicas exploratorias para seleccionar as mellores oportunidades ou plays para achar hidrocarburos (petróleo e gas).
[editar] Xeoloxía económica
A xeoloxía económica encárgase do estudo das rochas co fin de encontrar depósitos minerais que poidan ser explotados polo home cun beneficio práctico ou económico. A explotación destes recursos é coñecida como minaría.
[editar] Xeoloxía estrutural
A xeoloxía estrutural é a rama da xeoloxía que estuda a codia terrestre, as súas estruturas e a súa relación nas rochas que as conteñen. Estuda a xeometría das formacións pétreas e a posición na que aparecen na superficie. Interpreta e entende o comportamento da codia terrestre ante os esforzos tectónicos e a súa relación espacial, determinando a deformación que se produce, e a xeometría subsuperficial destas estruturas.
[editar] Xemoloxía
A xemoloxía é a ciencia, arte e profesión de identificar e avaliar as xemas.
[editar] Xeoloxía histórica
A xeoloxía histórica á a rama da xeoloxía que estuda as transformacións que sufriu a Terra dende a súa formación, fai uns 4.500 millóns de anos, até o presente. Para establecer un marco temporal absoluto, os xeólogos desenvolveron unha cronoloxía a escala planetaria dividida en eóns, eras, períodos, épocas e idades. Esta escala baséase nos grandes eventos biolóxicos e xeolóxicos.
[editar] Xeoloxía planetaria
A astroxeoloxía, tamén chamada xeoloxía planetaria ou exoxeoloxía, é unha disciplina científica que trata da xeoloxía dos corpos celestes (planetas e os seus satélites, asteroides, cometas e meteoritos).
[editar] Xeomorfoloxía
A xeomorfoloxía ten por obxecto a descrición e a explicación do relevo terrestre, continental e mariño, como resultado da interferencia dos axentes atmosféricos sobre a superficie terrestre. Pódese subdividir, á súa vez, en tres vertentes: xeoloxía estrutural, que trata da caracterización e xénese das “formas do relevo”, como unidades de estudo; a xeoloxía dinámica, sobre a caracterización e explicación dos procesos de erosión e meteorización polos principais axentes (vento e auga); e a xeoloxía climática, sobre a influencia do clima sobre a morfoxénese (dominios morfoclimáticos).
[editar] Xeoquímica
A xeoquímica e a rama da xeoloxía que estuda a composición e o comportamento químico da Terra, determinando a abundancia absoluta e relativa dos elementos químicos, distribución e migración dos elementos entre as diferentes partes que conforman a Terra (hidrosfera, atmosfera, biosfera e litosfera) utilizando como principais mostras minerais e rochas compoñentes da codia terrestre, intentando determinar as leis ou principios nas cales se basea tal distribución e migración.
En 1923 o químico V.W Goldschmidth clasificou os elementos químicos en función da súa historia xeolóxica do seguinte xeito: «atmósfilos», que forman a atmosfera, como son los gases; «calcófilos», como son as areas e cristais (silicatos e carbonatos); «litófilos», codia, son sinxelos, como sulfuros; e «siderófilos» que son metais que se conservan puros.
[editar] Xeofísica
A xeofísica estuda a Terra dende o punto de vista da física e o seu obxecto de estudo está formado por todos os fenómenos relacionados coa estrutura, condicións físicas e historia evolutiva da Terra. Ao ser unha disciplina experimental, usa para o seu estudo métodos cuantitativos físicos como a física de reflexión e refracción, e unha serie de métodos baseados na medida da gravidade, de campos electromagnéticos, magnéticos ou eléctricos e de fenómenos radiactivos. Nalgúns casos ditos métodos aproveitan campos ou fenómenos naturais (gravidade, magnetismo terrestre, mareas, terremotos, tsunamis, etc) e noutros son inducidos polo home (campos eléctricos e fenómenos sísmicos).
[editar] Hidroxeoloxía
A hidroxeoloxía é unha rama das ciencias xeolóxicas que estuda as augas subterráneas no relacionado coa súa orixe, a súa circulación, os seus condicionamentos xeolóxicos, a súa interacción cos solos, rochas e humedales (freatogénicos); o seu estado (líquido, sólido e gasoso) e propiedades (físicas, químicas, bacteriolóxicas e radiactivas) e a súa captación.
[editar] Mineraloxía
A mineraloxía é a rama da xeoloxía que estuda as propiedades físicas e químicas dos minerais que se encontran no planeta nos seus diferentes estados de agregación.
Por mineral enténdese unha materia de orixe inorgánico, que presenta unha composición química definida ademais, xeralmente, por una estrutura cristalográfica (minerais cristais, do contrario son chamados minerais amorfos) e que soe presentarse en estado sólido e cristalino á temperatura media da Terra, aínda que algúns, como a auga e o mercurio, se presentan en estado líquido.
[editar] Paleontoloxía
A paleontoloxía é a ciencia que estuda e interpreta o pasado da vida sobre a Terra a través dos fósiles. Parte dos seus fundamentos e métodos son compartidos coa bioloxía. Esta debúllase en paleobioloxía, tafonomía e biocronoloxía e aporta información necesaria a outras disciplinas —estudio da evolución dos seres vivos, bioestratigrafía, paleoxeografía ou paleoclimatoloxía, entre outras—.
[editar] Petroloxía
A petroloxía é a ciencia xeolóxica que consiste no estudo das propiedades físicas, químicas, minerolóxicas, espaciais e cronolóxicas das asociacións rochosas e dos procesos responsables da súa formación. A petrografía, disciplina relacionada, trata da descrición e as características das rochas cristalinas determinadas por exame microscópico con luz polarizada.
[editar] Sedimentoloxía
A sedimentoloxía é a rama da xeoloxía que se encarga de estudar os procesos de formación, transporte e depósito de materiais que se acumulan como sedimentos en ambientes continentais e mariños e que normalmente forman rochas sedimentarias. Trata de interpretar e reconstruír os ambientes sedimentarios do pasado. Atópase estreitamente ligada á estratigrafía, aínda que o seu propósito é o de interpretar os procesos e ambientes de formación das rochas sedimentarias e non de describilas.
[editar] Sismoloxía
A sismoloxía é a rama da xeoloxía que se encarga do estudo de terremotos e a propagación das ondas elásticas (sísmicas), que istos xeneran, polo interior e a superficie da Terra. Un fenómeno que tamén é de interese é o proceso de ruptura de rochas, xa que este é causante da liberación de ondas sísmicas. A sismoloxía tamén inclúe o estudo dos maremotos e os (tsunamis) e os movementos sísmicos previos a erupcións volcánicas.
[editar] Vulcanoloxía
A vulcanoloxía é o estudo dos volcáns, a lava, o magma e outros fenómenos xeolóxicos relacionados. O termo volcanoloxía provén da palabra latina Vulcānus, Vulcano, o Deus romano do fogo. Un vulcanólogo é un estudoso deste campo. Visitan os volcáns, en especial os que están activos, para observar as erupcións volcánicas, recoller restos volcánicos como o tephra (cinza ou pedra pómez), rochas e mostras de lava. Unha vía de investigación maioritaria é a predición das erupcións; aínda que actualmente non hai forma de realizar ditas predicións, pero prever os volcáns, ao igual que os terremotos.
[editar] Temas relacionados
- Anatexia
- Carbón
- Cristalografía
- Diaxénese
- Espeleoloxía
- Hábito
- Xemoloxía
- Xeoloxía histórica
- Paleontoloxía
- Mineraloxía
- Petroloxía
- Sedimentoloxía
- Tectónica de placas
- Terremoto
[editar] Definicións de palabras
[editar] Véxase tamén
|
|
||
|---|---|---|
| Ciencias naturais | Astronomía · Bioloxía · Xeoloxía · Xeografía · Física · Paleontoloxía · Química | |
| Ciencias sociais | Antropoloxía · Comunicación · Dereito · Economía · Educación física · Educación · Historia · Lingüística · Política · Socioloxía | |
| Ciencias aplicadas | Administración · Agronomía · Arquitectura · Urbanismo · Informática · Deseño · Enxeñaría · Farmacoloxía · Medicina · Nutrición · Tecnoloxía | |