Outes
Coordenadas: 42°51′0″N 8°54′0″W / 42.85°N 8.9°W
| Outes | |
|---|---|
| Casa do Concello. | |
| Situación | |
| Xentilicio[1] | outiense |
| Xeografía | |
| Provincia | Provincia da Coruña |
| Comarca | Comarca de Noia |
| Poboación | 7192 hab. (2012) |
| Área | 99,7 km² |
| Densidade | 72,14 hab./km² |
| Entidades de poboación | 11 parroquias |
| Capital do concello | |
| Política (2011) | |
| Alcalde | Carlos López Crespo (PPdeG) |
| Concelleiros | BNG: 3 PPdeG: 9 PSdeG-PSOE: 1 Outros: - |
| Eleccións municipais en Outes | |
| Uso do galego[2] (2001) | |
| Galegofalantes | 99,79% |
| Páxina web oficial | |
| www.outes.es | |
Outes é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Noia. Segundo o IGE en 2012 tiña 7.192 habitantes (7.425 no 2009, 7.751 no 2006, 7.889 no 2005, 8.050 no 2004, 8.243 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é outiense.
Índice |
Xeografía [editar]
Outes ten unha superficie de 99,74 km², e abrangue 11 parroquias. Limita ao norte con Mazaricos e Negreira, ao suro co río Tambre (e a súa desembocadura na ría de Muros e Noia), ao leste con Noia e ao oeste con Muros. A capital municipal está na Serra de Outes.
Ten unha elevada altitude media, con cinco cumios que rondan os 500 metros de altitude, sendo o monte Tremuzo o punto máis alto.
Outes conta cun clima oceánico húmido debido á proximidade do océano Atlántico. As precipitacións son maiores durante os meses de novembro a marzo, pero no verán suben as temperaturas e as choivas son escasas debido á presenza case constante do anticiclón das Azores.
Historia [editar]
O territorio de Outes foi habitado desde tempos remotos, como testemuñan os restos de megálitos, petróglifos e poboados castrexos. Trala romanización e a chegada dos suevos, no século VIII os musulmáns asentáronse por breve tempo na illa da Creba e no monte Louro.
Economía [editar]
Na economía de Outes destaca o sector primario (pesca, marisqueo, gandeiría e agricultura), pois dende séculos atrás as actividades agropecuarias veñen ocupando a maior parte da poboación activa. Respecto á gandeiría, actualmente hai varias explotacións de coellos e ovellas, sendo máis importantes as explotacións de gando vacún, dedicadas á produción de leite e carne. O sector pesqueiro concéntrase en boa medida nos peiraos de Freixo e San Cosme.
O sector secundario tamén ten certo peso, destacando catro sectores na produción industrial: aserradoiros, estaleiros, formigón e construción.
Demografía [editar]
A cifra máis alta de poboación acadouse a mediados do século XX, en 1950, con 11.303 habitantes. Posteriormente foi descendendo a un ritmo do 7 % cada década, debido primeiro ao aumento da emigración cara a outros países de Europa, e despois aos EUA e as illas Canarias, tendo 9.968 habitantes en 1970. Na actualidade a cifra de habitantes segue a descender cada ano.
| Censo Total (Habitantes) | 7.192 |
| Menores de 15 anos | 611 (8.49 %) |
| Entre 15 e 64 anos | 4.342 (60.37 %) |
| Maiores de 65 anos | 2.239 (31.13 %) |
| Evolución da poboación de Outes (desde 1900 ata 2012) | |||||||
| 1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 2004 | 2009 | 2011 | 2012 |
| 9.160 | 10.025 | 11.303 | 10.128 | 8.050 | 7.192 | ||
| Fontes: INE e IGE
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.) |
|||||||
Galería de imaxes [editar]
- Artigo principal: Galería de imaxes de Outes.
-
Siavo, O Freixo de Sabardes, Outes
Parroquias [editar]
Lugares de Outes [editar]
Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Outes vexa: Lugares de Outes.
Notas [editar]
- ↑ Véxase no Galizionario.
- ↑ Datos de 2001 publicados en 2004.
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
| Concellos da Comarca de Noia | ||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Lousame |
Noia |
Outes |
Porto do Son |
|||||||