Mazaricos
| Mazaricos | |
|---|---|
| Situación | |
| Xentilicio[1]: | Mazaricán |
| Xeografía | |
| Provincia: | Provincia da Coruña |
| Comarca: | Xallas |
| Poboación: | 4.939 hab. (2009) |
| Área: | 187,3 km² |
| Densidade: | 26,96 hab./km² |
| Entidades de poboación: | 12 parroquias |
| Capital do concello: | |
| Política (2011) | |
| Alcalde: | José Manuel Santos Maneiro (PPdeG) |
| Concelleiros: | BNG: 3 PPdeG: 6 PSdeG-PSOE: 0 Outros: PIMAZ - 2 |
| Eleccións municipais en Mazaricos | |
| Uso do galego[2] (2001) | |
| Galegofalantes: | 99,45 % |
| Sitio web oficial | |
| www.mazaricos.net | |
Mazaricos é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca do Xallas. Segundo o IGE en 2009 tiña 4.939 habitantes (5.179 en 2007, 5.329 no 2006, 5.488 no 2005, 5.639 no 2004, 5.787 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é Mazaricán.
| Evolución da poboación de Mazaricos - desde 1900 ata 2009 - | |||||
| 1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 2004 | 2009 |
| 6.036 | 6.769 | 7.183 | 6.757 | 5.639 | {{{6}}} |
| Fontes: INE e IGE
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.) |
|||||
Índice |
[editar] Situación
Mazaricos áchase perto do mar, mais non chega a el -antes están os estreitos concellos de Carnota e Muros. O río Xallas, que lle chega desde Santa Comba, constitúe a fronteira norte do concello, separándoo de Dumbría. A chaira con suaves ondulacións que é o seu territorio, féchase no oeste por pequenas serras (montes de Ruña ou serra de Guián) que se prolongan cara o sul cara o Macizo do Pindo). Cara o Xallas flúen varios ríos, como o Arcos, o Beba e o Mazaricos, estes dous no mesmo val. Os da parte leste e sul, como o Santabaia, que son máis pequenos, desembocan directamente na ría de Muros e Noia. O Xallas está represado no encoro da Fervenza, o de Ponte Olveira, o de Castrelo e o de Santa Uxía, antes de desembocar no mar os sábados á noite e os domingos á mañá.
A oscilación térmica anual é de 10 °C, se ben a temperatura media é agradábel (14 °C). As precipitacións son abondantes (1.500-2.000 mm).
O hábitat é disperso. As principais poboacións son A Picota, O Pino de Val e Asenso.
[editar] Historia
Na zona abundan os restos megalíticos. A primeira referencia escrita é do século IX, con motivo dunhas doazóns feitas polo conde Alvito. Nalgún lugar próximo ao monte Pindo erguíase o castelo de Penafiel, propiedade de Alonso Suárez de Deza, que foi confiscado e derrubado debido á súa posíbel implicación na morte do arcebispo Suero Gómez de Toledo.
[editar] Economía
Case a metade da poboación dedícase á agricultura e á gandería en pequenas parcelas dedicadas ao auto-consumo. A gandería ten especial relevancia. Existen grandes zonas boscosas, ainda que moi reducidas debido aos incendios de 1978, 1979 e 2006, de piñeiros, frondosas e eucaliptos.
[editar] Cultura
Os megálitos máis destacados son as mámoas de Eirón, o dolmen de Parxubeira e a necrópole de Monte de Embaixo. Polo concello pasou unha vía romana, da que hai restos en Arcos. A Casa de Arcos, pertencente aos Mariño de Lobeira, mostra o seu escudo na fachada (unha serea e ondas), xunto cos símbolos dos Lobeira (un lobo e estrelas) e os Dacosta (bordóns e ovellas).
[editar] Galería de imaxes
- Artigo principal: Galería de imaxes de Mazaricos.
[editar] Lugares de Mazaricos
Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Mazaricos vexa: Lugares de Mazaricos.
[editar] Parroquias
[editar] Notas
- ↑ Véxase no Galizionario.
- ↑ Datos de 2001 publicados en 2004.
[editar] Véxase tamén
| Concellos da Comarca do Xallas | ||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Mazaricos |
Santa Comba |
|||||||||
|
|||||