Arzúa
Coordenadas: 42°55′37″N 08°09′56″W / 42.92694°N 8.16556°W
| Arzúa | |
|---|---|
| Situación | |
| Xentilicio[1] | arzuán |
| Xeografía | |
| Provincia | Provincia da Coruña |
| Comarca | Arzúa |
| Poboación | 6.409 hab. (2010) |
| Área | 155,4 km² |
| Densidade | 41,72 hab./km² |
| Entidades de poboación | 22 parroquias |
| Capital do concello | Arzúa |
| Política (2011) | |
| Alcalde | Xosé Luís García López (BNG) |
| Concelleiros | BNG: 6 PPdeG: 6 PSdeG-PSOE: 1 Outros: - |
| Eleccións municipais en Arzúa | |
| Uso do galego[2] (2001) | |
| Galegofalantes | 98,40 % |
| Sitio web oficial | |
| www.concellodearzua.org | |
Arzúa é un concello da provincia da Coruña, pertencente á Comarca de Arzúa. Segundo o IGE en 2010 tiña 6.409 habitantes (6.532 no 2006, 6.602 no 2005, 6.632 no 2004, 6.676 no 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é arzuán.
| Evolución da poboación de Arzúa - desde 1900 ata 2011 - | ||||||
| 1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 2004 | 2009 | 2011 |
| 9.036 | 8.743 | 10.754 | 7.377 | 6.632 | 6.409 | {{{7}}} |
| Fontes: INE e IGE
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.) |
||||||
| Censo Total | 6.590 |
| Menores de 15 anos | 642 (9,74 %) |
| Entre 15 e 64 anos | 4.020 (61 %) |
| Maiores de 65 anos | 1.828 (27,73 %) |
Índice |
[editar] Xeografía
Limita cos concellos de Boimorto, Melide, Santiso, Vila de Cruces (provincia de Pontevedra), Touro, O Pino e Frades.
[editar] Gastronomía
Arzúa posúe unha denominación de orixe dos seus queixos Arzúa Ulloa, un dos máis representativos de Galicia. Todos os anos, o primeiro domingo de marzo faise a Feira do queixo.
[editar] Feiras e festas
En Arzúa celébranse sendas feiras mensuais, os días 8 e 22; mais existen outras concentracións feirais con asistencia pública importante, como pode ser a Feira do Queixo, de sona nacional, e que se realiza anualmente o primeiro domingo de marzo. As outras feiras que organiza o concello son:
- Mostra de Apicultura: a data de celebración é variable pero sempre ten lugar durante o mes de xaneiro.
- Feira do cabalo : 3 de xullo.
- Feira de artesanía : 22 de xullo.
- Primeira Feira dos Cans de Caza : último domingo de setembro.
- Segunda Feira de Cans de Caza : primeiro domingo de outubro.
- Feira do Capón : 22 de decembro.
A parte de feiras, no concello existen outras datas sinaladas que levan parella unha conmemoración, tal é o caso do Día das Letras Galegas, o Día da Galiza mártir ou o Día do Libro[3]. En diferentes parroquias de Arzúa existen outras festas a destacar, como son:
- Festa do Roscón de Pascua: en Arzúa o sábado de Pascua.
- Festa dos Botes: Arzúa, Arzúa o segundo domingo de agosto.
- Xornadas do Pan: organizadas pola asociación Ánxel Casal, no meses de agosto e setembro e rotando polas distintas freguesías arzuás.
- Festa do Deporte: durante o mes de setembro.
- Festa do Emigrante: en Boente, os segundos mércores e xoves do mes de agosto.
- Festa das castañas: no Rendal, o 31 de outubro.
Outras celebracións son as tradicionais festas e romarías que se reparten durante todo o ano por tódolos currunchos das terras arzuás:
- San Sebastián, en Mella, o domingo seguinte ao 20 de xaneiro.
- San Vicente, en Burres o 23 de xaneiro.
- As Candeas, en Santa María de Arzúa o domingo seguinte ao 2 de febreiro (festa-exaltación do caldo galego).
- Domingo de Corredor : en Oíns o domingo anterior ao Entroido.
- Santa Cruz, en Branzá o 3 de maio e en Maroxo o 11 de setembro.
- Perpetuo Socorro, en Brandeso o 21 de maio.
- Corpus Christi,
- en Arzúa, Branzá e Dodro, no mes de xuño (60 días despois do domingo de Pascua).
- en Figueiroa o 27 de xuño.
- en Santo Estevo do Campo o primeiro domingo de xullo.
- en Brandeso o 11 de agosto.
- en Santa María de Arzúa o 14 de agosto.
- en Oíns o domingo seguinte á Santa María.
- Santo Antonio, en Vilantime e Branzá o domingo seguinte ao 13 de xuño.
- San Xoán, en Santa María de Arzúa e en Dodro o 24 de xuño.
- San Pedro, en Pantiñobre o sábado seguinte ao San Xoán, en Vilantime os días 29 e 30 de xuño e en Lema o 29 de xuño.
- San Paio, en Preguntoño e Figueiroa o 26 de xuño.
- Santa Margarida en Calvos de Sobrecamiño o segundo domingo de xullo.
- Nosa Señora do Carme,
- en Arzúa os días 16, 17 e 18 de xullo.
- en Figueiroa o 1 de agosto.
- en Santa María o domingo seguinte ó 15 de agosto.
- en Pantiñobre o 27 de decembro.
- San Cristovo, en Dombodán os días 30 e 31 de xullo.
- Santa Marta, en Pantiñobre o primeiro sábado de agosto.
- San Lourenzo, en Brandeso o 10 de agosto.
- Santa María, en Arzúa, Dodro, Castañeda e Rendal o 15 de agosto e en Maroxo os días 15 de 16 de agosto.
- Festa do San Queremos, en Vilantime, o penúltimo sábado de agosto.
- Festa da Mota,
- en Santo Estevo do Campo
- San Bartolomeu - Mota Pequena o 24 de agosto
- San Mateo - Mota Grande o 21 de setembro
- San Simón o 28 de outubro
- San Salvador, en Arzúa o segundo domingo posterior á Santa María.
- Romaría de Nosa Señora, no Viso o primeiro domingo de setembro.
- Virxe da Saleta, en Boente o terceiro sábado e domingo de setembro.
- San Cosme, en Oíns os días 24, 25 e 26 de setembro.
- Santo Cristo, en Branzá o último domingo de setembro.
- San Miguel, en Rendal o 29 de setembro.
- O Rosario, en Lema o primeiro domingo de outubro.
- Romaría de San Froilán, en Rendal o 5 de outubro.
- Romaría da Fonte Santa, en Lema o segundo domingo de outubro.
- San Martiño, en Calvos de Sobrecamiño os días 11, 12 e 13 de novembro.
- Santa Leocadia, en Branzá o 9 de decembro.
- Santo Estevo, en Santo Estevo do Campo e Pantiñobre o 26 de decembro.
[editar] Galería de imaxes
- Artigo principal: Galería de imaxes de Arzúa.
[editar] Parroquias
[editar] Lugares de Arzúa
Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Arzúa vexa: Lugares de Arzúa.
[editar] Notas
- ↑ Véxase no Galizionario.
- ↑ Datos de 2001 publicados en 2004.
- ↑ Cultura, na páxina web do concello de Arzúa.
[editar] Véxase tamén
[editar] Outros artigos
| Concellos da Comarca de Arzúa | |||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Arzúa |
Boimorto |
O Pino |
Touro |
||||||
|
|||||
| Artigo nos seus primeiros pasos. Este artigo relacionado cun concello de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados cos concellos de Galicia (nomenclátor) que precisan de revisión e nos que posibelmente tamén poidas contribuír. |