Partido Popular de Galicia
| Partido Popular de Galicia (PPdeG) | |
|---|---|
| Partido político de Galicia | |
| Líder | Alberte Núñez Feijóo |
| Fundación | 1989 |
| Sede | Avda. Fernando Casa Novoa - Edif. C.N.L. Bloque 2, Santiago de Compostela |
| Ideoloxía | Conservadorismo Dereita política Liberalismo Rexionalismo galego Españolismo |
| Mocidades | Novas Xeracións |
| Páxina web | www.ppdegalicia.org |
O Partido Popular de Galicia é a rama galega do Partido Popular español. Conta con 2042 concelleiros, e 12 no Congreso dos Deputados. É a maior forza política en número de escanos no Parlamento de Galicia ; Tras a eleccións ao parlamento galego celebradas en marzo de 2009, o PSdeG e o BNG acadaron un total de 37 escanos (25 e 12 respectivamente), namentres que o PP subiu un respecto a 2005 e situouse nos 38 asentos.
![]() |
Índice |
Ideoloxía[editar]
O Partido Popular de Galicia é o único partido de dereitas representado no hemiciclo do parlamento galego. Historicamente ten sido de corte conservador e liberal. Cobre, así mesmo, un espectro certamente amplo, que vai dende o autoproclamado rexionalismo[1] até o nacionalismo español[2]. Por outra banda, o Partido Popular de Galicia actual prefire presentarse ante a sociedade coma un partido cun pasado democrático caracterizado por un talante reformista, de centro[3] e con raíces cristiás[4].
Evolución histórica da ideoloxía do PPdeG[editar]
Antecedentes ideolóxicos no ámbito estatal[editar]
O antecedente máis próximo atópase na desaparecida Alianza Popular, que fora, tras a ditadura franquista, o brazo máis potente estreitamente ligado ao goberno de Franco que entrou a formar parte da nacente democracia. Non en van, foi unha federación de partidos liderados na súa maioría por ex ministros franquistas: Reforma Democrática (Manuel Fraga Iribarne), Acción Rexional (Laureano López Rodó), Acción Democrática Española (Federico Silva Muñóz), Democracia Social (Licinio de la Fuente y de la Fuente), Unión del Pueblo Español (Cruz Martínez Esteruelas), Unión Social Popular (Enrique Thomas de Carranza), Unión Nacional Española (Gonzalo Fernández de la Mora) e outros. Daquela, a organización autonómica da federación non existía como tal. Xa que logo, non é posíbel falar dunha agrupación propiamente galega. Non obstante, si houbo un referente galego no partido, que foi Manuel Fraga, quen foi nomeado o seu primeiro secretario xeral. Alianza Popular declarábase como de dereita conservadora e católica cristiá. Herrero Rodríguez de Miñón comeza daquela a falar da tendenza liberal-conservadurista do seu partido[5]. Por outra banda, a relevancia dos Lexionarios de Cristo, conduce a que algúns comentaristas políticos liguen o partido co nacional-catolicismo[6].
Ideoloxía do PPdeG na actualidade[editar]
Dentro das filas do propio partido popular existe unha corrente que defende o carácter galeguista do partido. Personalidades de referencia adheridas a esta tendencia son ou foron Xosé Cuíña[7], Xesús Palmou[8] ou o propio presidente do partido na actualidade, Alberte Núñez Feijóo[9], quen se autoproclama como tal, se ben en troques e sobre todo tras ter acadado a presidencia da Xunta, é acusado de galegofobia polos seus adversarios políticos e mais por diversas plataformas cívicas a prol da cultura e lingua galegas, e mesmo unha parte dos militantes do seu partido lle reclaman unha volta ás orixes galeguistas ou cando menos un respecto polas políticas en prol da lingua galega, como se pode apreciar en declaracións de Xosé Luís Baltar, Rafael Cuíña ou Xosé Manuel Barreiro[10], destacadas figuras do PPdeG. Así mesmo existe unha outra posición moito máis homoxénea cando se trata de falar do partido como dunha organización de corte social e económico de centro-dereita. Así o defenden a meirande parte dos seus militantes, comezando polo presidente estatal Mariano Rajoy[11] ou o ex-presidente do goberno español José María Aznar[12]. Non obstante, estes postulados, ao ollar dos grupos de esquerda, centro-esquerda, e mesmo centro-dereita nacionalista, chocan decote con algunhas posturas tanto de ámbito estatal[13][14][15] como europeo[16] do Partido Popular, o cal alenta aos seus rivais políticos para non aceptaren tal denominación e falar do Partido Popular coma dun partido de dereita radical[17] ou extrema-dereita[18][19].
Resultados electorais[editar]
Eleccións ao Parlamento de Galicia[editar]
| Ano | Candidato | Representantes | Porcentaxe | Diferenza | Votos | Porcentaxe | Diferenza |
|---|---|---|---|---|---|---|---|
| 1985 | Gerardo Fernández Albor (Coalición Popular: AP, PDP, PL e Centristas de Galicia) |
34 parlamentarios | 45,33% | ▲ 8 En comparación cos resultados obtidos por AP |
516.218 | 40,4% | ▲ 215.179 En comparación cos resultados obtidos por AP |
| 1989 | Manuel Fraga | 38 parlamentarios | 50,66% | ▲ 4 | 582.157 | 44,3% | ▲ 65.939 |
| 1993 | Manuel Fraga | 43 parlamentarios | 57,33% | ▲ 5 | 763.839 | 52,6% | ▲ 181.682 |
| 1997 | Manuel Fraga | 42 parlamentarios | 56% | ▼ 1 | 832.751 | 52,2% | ▲ 68.915 |
| 2001 | Manuel Fraga | 41 parlamentarios | 54,66% | ▼ 1 | 791.885 | 51,6% | ▼ 40.866 |
| 2005 | Manuel Fraga | 37 parlamentarios | 49,33% | ▼ 4 | 756.562 | 44,9% | ▼ 35.323 |
| 2009[20] | Alberte Núñez Feijóo | 38 parlamentarios | 50,66% | ▲ 1 | 789.427 | 47,47% | ▲ 32.865 |
