Santiso

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 42°51′N 8°3′W / 42.85°N 8.05°W / 42.85; -8.05

Santiso
Igrexa de Santo Estevo de Pezobrés, Santiso.jpg
Igrexa de Santo Estevo de Pezobrés.
Situación
Situacion Santiso.PNG
Xentilicio[1] santisés
Xeografía
Provincia Provincia da Coruña
Comarca Comarca da Terra de Melide
Poboación 1838 hab. (2012)
Área 67,4 km²
Densidade 27,27 hab./km²
Entidades de poboación 17 parroquias
Capital do concello Arcediago
Política (2011)
Alcalde Fernando Suárez Cortiñas (PSdeG-PSOE)
Concelleiros BNG: 2
PPdeG: 4
PSdeG-PSOE: 2
Outros: IS 1
Eleccións municipais en Santiso
Uso do galego[2] (2001)
Galegofalantes 99,55%
Páxina web oficial
www.santiso.org
Correo electrónico correo@santiso.dicoruna.es

Santiso é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca da Terra de Melide. Segundo o IGE no 2012 tiña 1.838 habitantes (1.980 no 2009, 2.116 no 2006, 2.160 no 2005, 2.212 no 2004, 2.249 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «santisés».

Evolución da poboación de Santiso (desde 1900 ata 2012)
 1900  1930  1950  1981  2004  2009  2011  2012
 4.173  4.787  4.831  2.892  2.212  1.980    1.838
Fontes: INE e IGE

(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Índice

Xeografía [editar]

Santiso limita ao norte con Melide, ao leste con Palas de Rei (provincia de Lugo, ao sur con Agolada e Vila de Cruces (provincia de Pontevedra) e ao oeste con Arzúa (provincia da Coruña).

Está bañado polo río Ulla e polo seu principal afluente, o río Furelos, ademais dos regatos de Braña, Beseña e Boente.

Economía [editar]

Destaca o sector primario. Na gandeiría prima o gando vacún, e ten bastante importancia a industria forestal.

Turismo [editar]

Santiso conta cunha ruta homologada de sendeirismo, o PR-G 125 "Sendeiro de Visantoña", apta para o turismo de natureza.

É unha ruta circular duns 14 km, sendo accesible tamén para percorrela en bicicleta ou a cabalo. O punto de inicio é en Visantoña.

Galería de imaxes [editar]

Artigo principal: Galería de imaxes de Santiso.

Parroquias [editar]

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Santiso

Barazón (Santa María) | Beigondo (San Cosme) | Belmil (San Pedro) | Liñares (Santiago) | Mourazos (San Xurxo) | Niñodaguia (San Paio) | Novela (Santa María) | Pezobre (San Cristovo) | Pezobrés (Santo Estevo) | A Ponte Arcediago (San Xoán) | Ribadulla (San Vicenzo) | San Román (San Pedro) | Santaia de Rairiz (Santaia) | Santiso (Santa María) | Serantes (Santaia) | Vimianzo (Santa María) | Visantoña (San Xoán)

Lugares de Santiso [editar]

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Santiso vexa: Lugares de Santiso.

Notas [editar]

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Datos de 2001 publicados en 2004.

Véxase tamén [editar]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría:

Ligazóns externas [editar]



Concellos da Comarca da Terra de Melide Terra de Melide
Melide
Melide
Santiso
Santiso
Sobrado
Sobrado
Toques
Toques