Brión

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Brión (homónimos).

Coordenadas: 42°51′50″N 08°40′46″W / 42.86389°N 8.67944°W / 42.86389; -8.67944

Brión
Escudo de Brión
Situación
Situacion Brión.PNG
Xentilicio[1]: Brionés
Xeografía
Provincia: Provincia da Coruña
Comarca: Santiago
Poboación: 7.205 hab. (2009)
Área: 74,9 km²
Densidade: 94,85 hab./km²
Entidades de poboación: 9 parroquias
Capital do concello: Pedrouzos
Política (2011)
Alcalde: José Luis García García (PSdeG-PSOE)
Concelleiros: BNG: 1
PPdeG: 4
PSdeG-PSOE: 8
Outros: -
Eleccións municipais en Brión
Uso do galego[2] (2001)
Galegofalantes: 97,10 %
Sitio web oficial
www.concellodebrion.org

Brión é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Santiago. Segundo o IGE en 2009 tiña 7.205 habitantes (3.457 homes e 3.647 mulleres) (7.087 en 2007; 6.972 en 2006, 6.849 en 2005). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é Brionés.

Evolución da poboación de Brión - desde 1900 ata 2009 -
 1900  1930  1950  1981  2004  2009
 5.681  6.129  6.966  6.790  6.684  {{{6}}}
Fontes: INE e IGE

(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)


Índice

[editar] Xeografía

Brión ten unha superficie de 74,9 km². Limita cos concellos de Ames, Negreira, Outes, Noia, Lousame, Rois e Teo. Abrangue 9 parroquias e 107 entidades de poboación, sendo a súa capital Pedrouzos.

O seu relevo é ondulado, cunha altitude mínima de 30 m sobre o nivel do mar e unha máxima de 525 m.

[editar] Historia

Consérvanse restos da cultura megalítica, como o campo de mámoas de Raña Longa. Da cultura castrexa consérvase o xacemento arqueolóxico de Santa Cecía, os castros Lupario, de Lamiño, Boullón, Forxán, Pousada, Vioxo e Ons. Logo da romanización, por estas terras pasaba a vía romana per loca maritima. Os romanos tamén construíron o hipocaustum de Cirro.

Durante o antigo réxime as terras de Brión estiveron baixo o dominio da familia dos Moscoso, que desde o castelo de Altamira dominaban boa parte do norte de Galiza. Trala batalla de Altamira, que tivo lugar en 1471 contra as tropas do arcebispo de Compostela Alonso II de Fonseca, Rui Sánchez de Moscoso deuse o título de I Conde de Altamira. Con todo, a fortaleza de Altamira foi quedando deshabitada por mor do progresivo traslado da nobreza galega á corte debido á política centralista levada a cabo polo reino de Castela desde os Reis Católicos, até o seu abandono total no século XIX.

[editar] Patrimonio

[editar] Arquitectura relixiosa

A maioría dos templos relixiosos desta zona foron reformados na época barroca. A igrexa parroquial de San Xulián de Bastavales ten ao seu pé unha capela da Virxe do Carme. O templo neoclásico de Luaña, conserva a primitiva cabeceira románica e pinturas medievais. A igrexa de Ons ten un retablo pétreo presidido pola Virxe da Asunción.

O santuario de Santa Minia foi construído no século XIX para honrar os restos da mártir romana, traídos desde Cádiz por un devoto emigrante. Aínda sen rematar, ten trazas dunha gran basílica.

A capela da Nosa Señora de Guadalupe está situada no Tremo, ao pé da estrada Santiago-Noia, coa mesta arboreda do campo da feira.

[editar] Arquitectura civil

Consérvanse diversos pazos e casas grandes, como o pazo de Barbeira (en Trasouteiro, que fora dos condes de Altamira e ten unha magnífica fonte barroca), o pazo de Armesto (en Salaño Pequeno, Ons, recentemente restaurado xunto cunha capela), o pazo do Armental (nos Ánxeles), o pazo do Casal (en proceso de reconstrución, coa capela de San Xosé adosada) e a casa de Pardo (en Ons, cun escudo de armas).

[editar] Arquitectura popular

A fonte do Tremo está coroada por un busto do filántropo local Vicente Ramos Rodríguez, esculpido por Francisco Asorey. A fonte da igrexa de Bastavales foi pagada polos emigrantes da parroquia na Habana. En Bastavales, sobre o río Tinto, consérvase unha ponte medieval.

No concello hai máis de 60 cruceiros, en adros de igrexas, encrucilladas, quinteiros das aldeas e beiras de camiños reais. Destacan dous de capela ou loreto (un en Pousada, Viceso, datado en 1637, e outro en Vioxo de Abaixo, Luaña) ou o cruceiro de Bemil (preto da igrexa de Bastavales, coas primeiras mazarocas de millo da anada penduradas como ex-voto).

[editar] Política

Artigo principal: Eleccións municipais en Brión.

Xosé Luís García García, viu sendo alcalde de forma ininterrumpida desde as eleccións municipais de 1979, até o 2007 como independente, e desde as eleccións municipais de 2007 encabezando a lista do PSdeG. A actual corporación municipal está composta por 13 concelleiros, 8 do PSdeG, 3 do PPdG e 2 do BNG.

[editar] Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes de Brión.

[editar] Lugares de Brión

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Brión vexa: Lugares de Brión.

[editar] Parroquias

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Brión

Os Ánxeles (Santa María) | Bastavales (San Xulián) | Boullón (San Miguel) | Brión (San Fins) | Cornanda (Santa María) | Luaña (San Xulián) | Ons (Santa María) | San Salvador de Bastavales (San Salvador) | Viceso (Santa María)

[editar] Notas

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Datos de 2001 publicados en 2004.

[editar] Bibliografía

[editar] Véxase tamén

[editar] Ligazóns externas

Ferramentas persoais
Espazos de nomes
Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas