Teima

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Teima
PaísEspaña
Lingualingua galega
Fundación1976
Circulación
Frecuencia7 días
editar datos en Wikidata ]

Teima, subtitulada Revista galega de información xeral, foi unha revista semanal galega que se publicou entre 1976 e 1977.

Características[editar | editar a fonte]

Teima foi a primeira revista xornalística que se editou integramente en galego dentro de Galicia[1]. O primeiro número apareceu o 15 de setembro de 1976 e deixou de publicarse co número 35 en agosto de 1977 por dificultades económicas, derivadas da falta de publicidade.

Editada pola Sociedade Galega de Publicacións, da que Afonso Ribas Fraga era cofundador e xerente. O director foi Ánxel Vence e entre os seus colaboradores estaban Víctor Fernández Freixanes, Manuel Rivas, Xavier Navaza, Pepe Carreiro, Xaquín Marín e Xurxo Lobato, que publicou nela as súas primeiras fotos.

Desde o seu comezo tivo dificultades de publicidade e a súa liña editorial foi combatida por sectores políticos da dereita e da esquerda. Unha coalición nacionalista de esquerdas[quen?] chegou a emitir entre os seus militantes a consigna de darse de baixa na subscrición.

Algunhas forzas políticas que apoiaran a súa aparición e que participaron no capital da empresa, como o Partido Socialista Galego, foron despois críticas coa publicación. Accionistas independentes e outros da Asemblea Popular Galega foron quen máis loitaron pola continuidade do semanario.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. A primeira foi a revista Eidos, publicada desde maio de 1976 polo Colexio La Salle de Santiago de Compostela ("'Eidos', a revista escolar que debutou en 1976 cunha entrevista a Antonio Fraguas". Real Academia Galega. 8-7-2019. Consultado o 9-7-2019. ).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]