Celso García de la Riega

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaCelso García de la Riega

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento26 de agosto de 1844 Editar o valor em Wikidata
Pontevedra, España Editar o valor em Wikidata
Morte3 de febreiro de 1914 Editar o valor em Wikidata (69 anos)
Pontevedra, España Editar o valor em Wikidata
Gobernador civil da provincia de León
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor , político Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeCarmen Quiñones Iglesias
FillosCelso García de la Riega Quiñones
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

Galiciana: 74875

Celso García de la Riega, nado en Pontevedra o 26 de agosto de 1844 e finado na mesma cidade o 3 de febreiro de 1914[1], foi un funcionario, político, escritor e pintor galego, iniciador da teoría da orixe galega de Cristovo Colón.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Funcionario da administración, desempeñou varios cargos administrativos na Habana (1873-1879), e regresou a España, onde tralo triunfo do Partido Liberal foi elixido deputado polo distrito de Cambados (1886), e gobernador civil de León (1888-1890). Foi redactor de La Voz del Pueblo, e colaborador dos xornais El Imparcial e La Correspondencia de España, de Madrid, e de La Voz de Galicia e El Heraldo Gallego. Nomeado membro fundador da Real Academia Galega en 1905, renunciou ó pouco tempo polas súas desavinzas con Manuel Murguía, a quen atacou ferozmente desde a prensa.[2]

Obras[editar | editar a fonte]

Entre as súas obras destacan Galicia Antigua (1904), na que refutou as teses de Murguía sobre a orixe celta da poboación galega, e La Gallega, nave capitá de Colón en el primer viaje de descubrimientos (1897), onde expuxo as súas teorías sobre a orixe galega de Cristovo Colón, e que logo ampliou en Colón español. Su origen y patria (1914).

Celso G. de la Riega na madurez.
  • "Carmen: novela de costumbres" (atribuído).[a] Pontevedra, 1865: establecimiento tipográfico y literario de Antúnez y Compª (8 páxinas).[3]
  • La Gallega, nave capitana de Colón en el primer viaje de descubrimientos: estudio histórico. Pontevedra, 1897. Imp. de la Viuda de J. A. Antunez.[4]
  • Cristóbal Colón ¿español?: conferencia. Madrid, 1899: Establecimiento tipográfico de Fortanet.[5]
  • Galicia antigua: discusiones acerca de su geografía y de su historia. Pontevedra, 1904: tipografía de A. del Rio y Micò.[6]
  • Oestrymnis-Ophiusa: (geografía antigua de Galicia), imp. 1905. Madrid: Eduardo Arias.[7]
  • Entremeses literarios. imp. 1905. Madrid: Imprenta á cargo de Eduardo Arias.[8]
  • Dialecto gallego: el artículo definido o, a, o, y el Sr. Martínez Salazar. Pontevedra, 1907: Imp. Barros hno.[9]
  • El Amadís de Gaula. Literatura galaica. imp. 1909. Madrid: Eduardo Arias.[b][10]
  • Colón, español: su origen y patria. imp. 1914. Madrid: Sucesores de Rivadeneyra.[11]

Reedicións en lingua galega[editar | editar a fonte]

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou con Carmen Quiñones Iglesias e foi pai de Celso García de la Riega Quiñones, que casou en 1913 con María de los Ángeles Álvarez Limeses, e logo do falecemento desta, contraeu segundas nupcias coua súa irmá Carmen Álvarez Limeses.[14]

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Coas iniciales C.G.R. Atribuído a Celso García de la Riega.
  2. Dedicada a Pío Gullón Iglesias. Obra onde expón a teoría de que esta novela foi escrita orixinalmente en galego. por Juan de Lobeira (1233-85), cóengo de Santiago de Compostela.
Referencias
  1. Necrolóxica en La Correspondencia Gallega, 4-2-1914, p. 1-2.
  2. Barreiro Fernández, Xosé Ramón (2012). Murguía. Grandes Biografías. Vigo: Editorial Galaxia. p. 660. ISBN 978-84-9865-425-7. 
  3. Carmen: novela de costumbres en Galiciana. Biblioteca de Galicia.
  4. La Gallega, nave capitana de Colón na Biblioteca Digital Hispánica.
  5. Cristóbal Colón ¿español? na Biblioteca Digital Hispánica.
  6. Galicia antigua na Biblioteca Digital Hispánica.
  7. Oestrymnis ophiusa na Biblioteca Digital Hispánica.
  8. Entremeses literarios na Biblioteca Digital Hispánica.
  9. Dialecto gallego na Biblioteca Digital Hispánica.
  10. El Amadis de Gaula na Biblioteca Digital Hispánica.
  11. Colón, español: su origen y patria na Biblioteca Digital Hispánica.
  12. A patria de Colón na páxina da Editorial Toxosoutos.
  13. La gallega. Nave capitá de Colón na páxina da Editorial Toxosoutos.
  14. Riega, de la (Pontevedra) xenealoxia.org.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]