Xosé Casal Lois
Xosé Casal Lois | |
---|---|
Nacemento | 1845 |
Pontevedra | |
Falecemento | 15 de abril de 1912 |
Pontevedra | |
Nacionalidade | España |
Ocupación | escritor |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Xosé Casal Lois, nado en Pontevedra en 1845 e finado na mesma cidade o 15 de abril de 1912, foi un escritor e investigador galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Estudou o Bacharelato no Instituto de Pontevedra e fíxose perito agrimensor. Despois pasou a Santiago de Compostela, onde cursou a carreira de Medicina, profesión que exerceu en Pontevedra ate a súa morte. Colaborou en empresas culturais, foi fundador da Sociedade Arqueolóxica de Pontevedra da que exerceu moitos anos como vicepresidente, en estreita colaboración con Casto Sampedro, e despois como presidente. Presidiu tamén sociedades gremiais, recreativas e artísticas, entre elas o Orfeón Pontevedrés.
Dedicouse a recolleu datos de Meteoroloxía, Ciencias naturais, Arqueoloxía, Historia, traballou sobre a fala, os costumes, as tradicións, os monumentos e os camiños. Foi o primeiro investigador galego que realizou a monografía dunha parroquia, a de Salcedo. Colixiu un Cancioneiro Popular moi amplo. Anotou as novidades bibliográficas galegas, apañando follas soltas, folletos, xornais e todo xénero de impresos.
Desde datas moi temperás comezou a recollida e sistematización de datos, noticias e documentos (orais e escritos) das manifestacións literarias en galego. En 1865 colixiu unha Colección de Poesías Gallegas de diversos autores, que recolle cento vinte e unha composicións en galego de autores como Pintos, Domingo Díaz de Robles, A. Camino, Barros Sibelo, Valladares e Francisco Añón Paz, tomadas, na súa maioría, do Álbum de la Caridad (1862). Ese amplo cancioneiro popular foi a súa contribución máis destacada ao coñecemento da literatura galega do seu tempo.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Colección de Cantares Gallegos con edición, introdución, notas e glosario de Domingo Blanco Pérez.
- Xogos populares en Pontevedra
|