Licenciado Molina
Licenciado Molina | |
---|---|
Alcume | Licenciado Molina |
Lugar de nacemento | Málaga |
Nacionalidade | España |
Ocupación | xeógrafo |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Juan de Molina, Francisco de Molina, Luis de Molina, Bartolomé Francisco de Molina ou Bartolomé Sagrario de Molina[1], máis coñecido como Licenciado Molina, nado en Málaga, foi un escritor español do século XVI.

Traxectoria[editar | editar a fonte]
Sábese que estudou dereito e de aí o título de licenciado, e crese que estudou na Universidade de Santiago de Compostela, creada pouco tempo atrás, ou que cando menos, que despois estivera practicando a avogacía en Santiago de Compostela. En 1549 redactou a súa obra máis coñecida, a Descripcion del Reyno de Galizia y de las cosas notables del, que publicou ao ano seguinte, 1550, en Mondoñedo[2]. Consta tamén que foi nomeado cóengo polo bispo de Mondoñedo, Diego de Soto[3].
Obra conservada[editar | editar a fonte]

- Cancionero, Salamanca, 1527. Consérvase unha copia na Biblioteca Ambrosiana de Milán.
- Descripcion del Reyno de Galizia y de las cosas notables del, Mondoñedo, 1550. Consérvase un exemplar na Biblioteca da Real Academia Galega, A Coruña.
- Argumento de vida. 1550.
- Tractatus differentiarum interius commune et regium tam in ultimis voluntatibus quam in contractibus et delictis, 1551.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ CUEVAS, CRISTÓBAL (dir.), Diccionario de escritores de Málaga y su provincia, Madrid:Castalia, 2002
- ↑ FLOREZ, HENRIQUE, España sagrada: Theatro geographico-historico de la iglesia de España, vol. XVIII, Madrid:Antonio Marín, 1764.
- ↑ FLOREZ, HENRIQUE, España sagrada: Theatro geographico-historico de la iglesia de España, vol. XVIII, Madrid:Antonio Marín, 1764
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- "Molina, Bartolomé Sagrario de". Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9.
- Couceiro Freijomil, Antonio (1951-53). Diccionario bio-bibliográfico de escritores (en castelán) II. Bibliófilos Gallegos. p. 428.