Alfredo García Alén
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 10 de abril de 1923 Pontevedra, España |
| Morte | 16 de xaneiro de 1981 Pontevedra, España |
| Grupo étnico | Pobo galego |
| Actividade | |
| Ocupación | historiador, profesor de ensino secundario |
| Membro de | |
| Familia | |
| Cónxuxe | Adela Acosta |
| Fillos | Alfredo, Jose Luis e Carlos Alberto García Acosta |
| Pais | Alfredo García Hermida |
| Irmáns | Luciano García Alén |
Alfredo García Alén, nado en Pontevedra o 10 de abril de 1923 e finado na mesma cidade o 16 de xaneiro de 1981[1], foi un historiador e mestre galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Formación
[editar | editar a fonte]Fillo dos mestres pontevedreses María Alén Solla e Alfredo García Hermida, foi irmán de María Rita, Inés, Luciano, Celia, Vicente, Margarita, Francisco, Carlos e Roberto García Alén. Comezou con 15 anos colaborando no Museo Provincial de Pontevedra, obtendo por oposición ós 25 anos a praza de auxiliar de secretaría, sendo seis anos despois secretario. Obtivo os títulos de Bacharelato e Mestre, e as licenciaturas de Dereito e Filosofía e Letras. Doutorouse cunha tese sobre Cerámica popular gallega.
Actividades
[editar | editar a fonte]Foi membro correspondente da Real Academia Galega, do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento e do Museo do Pobo Galego, e mestre no Instituto de Pontevedra (o que agora é o IES Sánchez Cantón). Foi director adxunto do Museo de Pontevedra e secretario técnico de Arquivos, Bibliotecas e Museos da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia.
Estudou a prehistoria, o folclore e a antropoloxía galegas, pronunciando moitas conferencias e escribindo moitos artigos sobre diversos temas (numismática, etnografía ou a Virxe da Peregrina).

Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con Adela Acosta e foi pai de Alfredo, Jose Luis e Carlos Alberto García Acosta.
Obra
[editar | editar a fonte]- Grabados rupestres de la provincia de Pontevedra (con Antonio de la Peña Santos); A Coruña: Fundación Pedro Barrié de la Maza, 1980. ISBN 84-85728-04-1
- La alfarería de Galicia (con Luciano García Alén e Xosé M. Gómez Vilasó); A Coruña: Fundación Pedro Barrié de la Maza, 1983. ISBN 84-85728-30-0
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ La Voz de Galicia, 17-1-1981, p. 40.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- "García Alén, Alfredo". Dicionario biográfico de Galicia 2. Ir Indo Edicións. 2010-2011. p. 131.
- Fernández del Riego, F. (1992) [1990]. Diccionario de escritores en lingua galega (2ª ed.). Do Castro. p. 164. ISBN 84-7492-465-0.
- Filgueira Valverde, Xosé. "GARCÍA ALÉN, Alfredo" na Gran Enciclopedia Galega.