Manuel Ventura Figueroa
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 21 de decembro de 1708 Santiago de Compostela |
| Morte | 3 de abril de 1783 Madrid |
| 16 de decembro de 1782 – 3 de abril de 1783 Diocese: Patriarcado das Indias Occidentais | |
| Arcebispo titular | |
| 16 de decembro de 1782 – 3 de abril de 1783 Diocese: Laodicea in Phrygia | |
| 16 de decembro de 1782 – 3 de abril de 1783 | |
| Patriarca | |
| | |
| Datos persoais | |
| Grupo étnico | Pobo galego |
| Relixión | Igrexa católica |
| Actividade | |
| Ocupación | sacerdote católico (1737–), político, bispo católico |

Manuel Ventura Figueroa Barreiro, nado en Santiago de Compostela o 21 de decembro de 1708 e finado en Madrid o 3 de abril de 1783, foi un político e eclesiástico galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]O seu nome real segundo consta nos seus datos biográficos era Manuel Benito Ventura Cabanelas Barreiro Cerviño Rodríguez de Prado Vidal y Figueroa. O seu pai Manuel (barbeiro no Hospital Real de Santiago de Compostela) e o seu avó Pedro eran de Tenorio, e a súa avoa, María Cerviño, de Viascón (concello de Cotobade).[1]
Foi arcebispo de Laodicea (na actual Turquía) e Patriarca das Indias Occidentais. Ademais da súa vida eclesiástica, desempeñou un relevante papel na vida política da época chegando a ser o home de confianza do Rei Carlos III. En 1773 foi designado Gobernador do Consello de Castela[2] e da Cámara de Castela. Foi un dos fundadores do Banco de San Carlos, considerado un dos predecesores do actual Banco de España.
Negociou en segredo e asinou xunto co Cardeal Valenti o Concordato de 1753 entre o Rei Fernando VI e o papa Bieito XIV que, a pesar de non responder ás expectativas do propio rei que se resistía a validalo, confería un maior poder á autoridade real sobre a eclesiástica dentro da Monarquía Española.
Fundación Manuel Ventura Figueroa
[editar | editar a fonte]A Fundación Manuel Ventura Figueroa, cuxa creación data de 1784 (é polo tanto a fundación máis antiga de España), foi instituída polos seus herdeiros para dar cumprimento ao seu testamento onde expresaba a súa vontade de que o seu patrimonio fose utilizado para dar estudos e dotes aos seus parentes pobres.[3]
En 1994 a Xunta de Galicia asumiu as competencias que a Administración Xeral do Estado viña desenvolvendo en relación coa fundación e estableceu o procedemento para determinar o parentesco con Manuel Ventura Figueroa e asemade, determinar quen ocupa o cargo de Patrono de Sangue por ser o parente máis próximo a este.
Dende 2002 convócanse anualmente bolsas para a axuda ao estudo destinadas aos parentes do fundador que cumpran os requisitos esixidos polo Padroado da fundación.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Cubela: 'Sáldase unha débeda histórica coa familia Figueroa, que permitiu ir á Universidade a centos de veciños'". Pontevedra Viva. 12 de xaneiro de 2018.
- ↑ Fernández Díaz, Roberto (2016). Carlos III. Un monarca reformista. Espasa. ISBN 978-84-670-4821-6.
- ↑ Lence-Santar Guitián, Eduardo (1927). "Gallegos ilustres: Don Manuel Ventura Figueroa". Boletín da Real Academia Galega (193): 10–13.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Manuel Ventura Figueroa |