Augusto García Sánchez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaAugusto García Sánchez
Biografía
Morteabril de 1978 Editar o valor em Wikidata
Alcalde de Pontevedra
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico , químico Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Premios

Augusto García Sánchez, finado en Pontevedra en abril de 1978, foi un químico e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

En 1935 comezou os estudos de Química na Universidade de Santiago de Compostela, rematando en 1942[1]. Foi decano do Colexio de Químicos de Galicia, e alcalde de Pontevedra do 16 de maio de 1970[2] ao 1 de febreiro de 1974[3].

En 1934 participou como alumno do Instituto de Pontevedra na representación da obra Sinxebra de Armando Cotarelo Valledor[4]. As súas inquedanzas musicais levárono a ser director do Conservatorio e Presidente da Coral Polifónica de Pontevedra e a Sociedade Filharmónica.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

En 1945 casou con María Luisa Limeses Cotarelo.[5]. Foi pai de seis fillos, entre eles Pedro, Miguel e Luis García Limeses[6]


Predecesor:
Ricardo García Borregón
 
Alcalde de Pontevedra
 
1970 - 1974
Sucesor:
Joaquín Queizán Taboada

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Notas de la Universidad". El Compostelano. 10 de xuño de 1942. 
  2. "Don Augusto García Sánchez toma posesión de la alcaldía". El Pueblo Gallego. 17 de maio de 1970. 
  3. "Joaquín Queizán tomó ayer posesión de la alcaldía". El Pueblo Gallego. 2 de febreiro de 1974. 
  4. "Pontevedra". El Pueblo Gallego. 17 de febreiro de 1934. 
  5. "Proclamas matrimoniales". El Correo Gallego. 30 de xaneiro de 1945. 
  6. "Aparece muerto en su casa Luis García Limeses, director del Coro de los Institutos". Faro de Vigo. 22 de xaneiro de 2007. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]