Eduardo Vincenti

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Eduardo Vincenti
Nacemento13 de outubro de 1855
Lugar de nacementoA Coruña
Falecemento4 de abril de 1924
Lugar de falecementoMadrid
SoterradoCemiterio de Santo Amaro de Pontevedra
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupaciónxornalista, político e telegrafista
Na rede
Galiciana: 11358
editar datos en Wikidata ]
Homenaxe a Eduardo Vincenti dos Auxiliares das Escolas Normais.

Eduardo Vincenti Reguera, nado na Coruña o 13 de outubro de 1857 e finado en Madrid o 4 de abril de 1924, foi un político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Realizou os estudos de dereito na Universidade de Santiago de Compostela. Deuse a coñecer no periódico El Eco de Tambo e desenvolveu unha notable carreira política: militando no Partido Liberal, foi deputado por Pontevedra desde 1886 ata o seu falecemento (renovou a súa acta de deputado en quince ocasións), director xeral de Administración e Fomento do Ministerio do Interior, Director Xeral de Ensino Primario, concelleiro e alcalde de Madrid (1905-06), presidente do Consello de Instrución Pública, e vicepresidente primeiro do Consello de Ministros. En 1897 dirixiu en Madrid o Boletín de la Liga Protectora de la Educación Nacional. Colaborou na revista órgano de La Unión Ibero-Americana (1904) e en La Revista Popular (1904).

Estivo casado con Dolores Montero Villegas, filla de Eugenio Montero Ríos, de quen foi aliado político.

Como deputado por Pontevedra ocupouse a miúdo, tanto de asuntos relacionados co ensino público e co profesorado, como do desenvolvemento da agricultura e das cuestións sociais, chamando a atención sobre a necesidade de transformar a propiedade da terra rexida polo sistema foral en propiedade libre. Presentou e defendeu en 1907 unha proposición de lei sobre foros e subforos.

Tamén tivo unha grande preocupación polo desenvolvemento da educación, como puxo de manifesto nas súas intervencións parlamentarias que reuniu nun texto editado en 1916, nas intervencións realizadas desde a presidencia de diversas Asembleas nacionais e rexionais e congresos de interese pedagóxico. Foi Presidente da Liga de los Amigos de la Enseñanza e dirixiu o Boletín de la Liga Protectora de la Educación Nacional a comezos do século XX, con marcados acenos rexeneracionistas; era un dos vocais da Junta para Ampliación de Estudios e Investigaciones Científicas.

A súa defensa constante da necesidade de melloras corporativas e profesionais para o Maxisterio deulle credibilidade entre este sector profesional, que o honrou dedicándolle un busto e un singular pedestal nos xardíns do Parque das Palmeiras da cidade de Pontevedra.

Obras[editar | editar a fonte]

Sepulcro no cemiterio de Santo Amaro de Pontevedra.
  • Estudios sobre las reformas penitenciarias (1880).
  • Reformas más convenientes para el mejoramiento de la clase obrera (1884).
  • La propiedad foral en Galicia (1888), con prólogo de Joaquín Díaz de Rábago, Biblioteca Gallega.
  • La libertad de prensa (1902).
  • Estudios sobre emigración (1908).[1]
  • La educación popular: memoria (1911).
  • Política pedagógica. Treinta años de vida parlamentaria y extraparlamentaria (1916).
  • El problema agrario en Galicia. Redención de censos y foros. Acción parlamentaria (1917).

E unha adaptación de El Quijote para nenos.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

La propiedad foral en Galicia.
La propiedad foral en Galicia
Estudio sobre emigración.
Estudio sobre emigración
La educación popular: memoria.
La educación popular: memoria
Estatua en Pontevedra.
Estatua en Pontevedra. 

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]


Predecesor:
Gonzalo Figueroa y Torres
i conde de Mejorada del Campo
 
Alcalde de Madrid
 
28 de xuño de 1905-15 de xuño de 1906
Sucesor:
Alberto Aguilera y Velasco
Predecesor:
Joaquín Ruiz Jiménez
 
Alcalde de Madrid
 
19 de xuño de 1913-2 de novembro de 1913
Sucesor:
Luis Marichalar y Monreal
viii vizconde de Eza