Juan Antonio Gago de Mendoza

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Monólito en Marín.

Juan Antonio Gago de Mendoza, nado na Brea, Seixo, Marín (daquela pertencente á parroquia de San Tomé de Piñeiro) o 7 de novembro de 1761 e finado no verán de 1833, foi un mariñeiro e militar galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Foi un dos capitáns e galegos máis famosos durante a guerra marítima contra os ingleses a finais do século XVIII, contando con patente de corso do rei Carlos IV. Foi armador do barco Peregrina Brillante (herdado do seu irmán Bernardo) e do Carmen. Unha das súas bases estaba na Guarda, de vital importancia dado que os portugueses eran aliados dos ingleses.

O 22 de agosto de 1800 venceu en Aguete ás tropas inglesas que intentaban capturar a fragata Alcudia, correo do rei cun cargamento de prata que se dirixía aos almacéns do reino en Pontevedra, motivo polo cal o rei recompensouno coa medalla de prata ao mérito e o grao de capitán. Os días 26 e 27 do mesmo mes venceu aos piratas ingleses en Ferrol.

En 1801 construíu o pazo de Chirleu.

Na Guerra da Independencia española contra as tropas francesas foi comandante das alarmas do Morrazo, liberando en abril de 1809 a vila de Marín. Participou na batalla de Ponte Sampaio e na reconquista de Vigo xunto a ás tropas de Cachamuíña.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]