Ramón Sobrino Buhigas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ramón Sobrino Buhigas
Retrato de Ramon Sobrino por Henrique Campo.jpg
Nacemento1888
Lugar de nacementoPontevedra
Falecemento6 de xuño de 1946
Lugar de falecementoValladolid
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónarqueólogo
PaiLuís Sobrino Rivas
FillosRamón Sobrino Lorenzo-Ruza
IrmánsCarlos Sobrino Buhigas
editar datos en Wikidata ]

Ramón Sobrino Buhigas, nado en Pontevedra en 1888 e finado en Valladolid o 6 de xuño de 1946, foi un naturalista e arqueólogo galego. Foi irmán do pintor Carlos Sobrino Buhigas e pai do arqueólogo Ramón Sobrino Lorenzo-Ruza.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo do médico Luís Sobrino Rivas. Estudou Ciencias Naturais na Universidade de Madrid, doutorándose en 1911. Entre ese ano e 1913 foi profesor da Universidade de Santiago de Compostela e da Escola de Artes e Oficios. Foi catedrático de Historia Natural en Lleida, Palma e Pontevedra, onde dirixiu o instituto até 1921. Despois estudou Odontoloxía en Madrid. En 1931 regresou a Santiago de Compostela, onde exerceu como odontólogo e como profesor de instituto e da Universidade. Foi membro da Real Academia Galega, do Instituto de Estudos Galegos e xefe da Estación Meteorolóxica de Pontevedra. Representou a Real Sociedade Española de Historia Natural no VII Congreso Internacional de Pesca.

Morreu en 1946 no tren que o traía de volta de Valladolid a onde acudira a consultarse das súas doenzas hepáticas.

Obra[editar | editar a fonte]

Ramón Sobrino, retrato en Vida Gallega 1923.
  • Estudio sobre los cistolitos (1911).
  • Contribución a la gea de Galicia (1916).
  • Balaenoptera borealis (1917).
  • La purga de mar o hematotalasia (1918).
  • Réplica a las observaciones del Sr. de Buen (1918).
  • Insculturas galaicas prerromanas (1919).
  • La dinamita en la pesca (1923).
  • Petroglifos o insculturas rupestres de Pontevedra (1931).
  • Corpus Petroglyphorum Gallaeciae (1935). Reeditado en 2020 por Morgante, Córpus dos petróglifos de Galicia, ISBN 978-84-15166-83-2.[1]
  • Sobre los orígenes y fundación de Pontevedra.
  • La descendencia de Colón en Pontevedra.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Fortes Torres, Manuel Anxo (xaneiro, febreiro, marzo 2021). "Unha Galicia gravada na pedra". Grial. Revista galega de cultura LIX (229): 93–94. ISSN 0017-4181. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]