Víctor Said Armesto

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Víctor Sáid Armesto")
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Víctor Said Armesto
Víctor Said Armesto.jpg
Nacemento 13 de agosto de 1871
Lugar Pontevedra, Galicia Galicia
Falecemento 17 de xullo de 1914 (42 anos)
Lugar Madrid
Nacionalidade España
Cónxuxe Amadora Santoro
Fillos 7
Estudos Dereito e Filosofía
editar datos en Wikidata ]

Víctor Said Armesto, nado en Pontevedra o 13 de agosto de 1871 e finado en Madrid o 17 de xullo de 1914, foi un escritor e catedrático de Lingua e literatura galaico-portuguesa, sendo o primeiro nesta especialidade.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Era fillo do pedagogo krausista Federico Sáiz e de Amalia Armesto Aldao (curmá de Indalecio Armesto Cobián).

Xa con 15 anos dirixíu a publicación La Guindilla. Estudou Dereito e Filosofía na Universidade de Compostela, doutorándose en Madrid. Alí pertenceu á loxia masónica "Comuneros de Castilla".

En 1902 casou con Amadora Santoro, coa que tivo sete fillos.

En 1905 encargouse, xunto con Casto Sampedro, de preparar a fundación da Real Academia Galega. En 1907 entrou en Solidaridad Gallega. Logrou a cátedra, e tras ensinar en Reus e León, regresou ó instituto de Pontevedra.

Colaborou en prensa local, estatal e americana, como El Heraldo, El País, La Nación, Blanco y Negro, La Justicia, La Ilustración Española y Americana ou Galicia Literaria.

A súa biblioteca, en parte herdada do seu tío Indalecio, consérvase no Museo de Pontevedra.

Obra[editar | editar a fonte]

O grupo Aires da Terra, sentado á esquerda Víctor Said Armesto.
  • Estrofas (1884).
  • Amor y celos (1887).
  • Análisis y ensayos (1897); inclúe:
    • Un libro modernista; ensaio sobre o libro de Valle-Inclán Féminas.
  • La leyenda de Don Juan (1908).
  • Las Mocedades del Cid.
  • Poesía popular gallega.
  • Colección de romances en lengua gallega.
  • Notas para un diccionario etimológico gallego.
  • Retoños al minuto (entremés).
  • Cancionero musical de Galicia (1910, premio da Academia de Belas Artes en 1911); Inclúe 88 romances, descrición de bailes e instrumentos, e 473 melodías.
  • Orígenes poéticos de El Burlador de Sevilla.
  • El Convidado de piedra.
  • Tristán y la literatura mística.
  • La flor del agua, zarzuela musicada por Conrado del Campo.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

F. Tettamancy Gastón (1917): Víctor Said Armesto.

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]