Pilar Bértola
Aparencia
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 1920 Pontevedra |
| Morte | 6 de setembro de 1934 Barcelona |
| Actividade | |
| Ocupación | poetisa, escritora |
| Familia | |
| Pai | Ricardo Bértola |
Pilar Bértola Cabaleiro, coñecida como Pilarcita Bértola, nada en Pontevedra en 1920 e finada en Barcelona o 6 de setembro de 1934,[1] foi unha poeta galega.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Filla de Ricardo Bértola. Marchou coa familia a Barcelona no ano do seu nacemento. En Barcelona participou en varios recitais de poesía. En 1934 fixo recitais de poesía en Radio Pontevedra e no Teatro Principal da cidade. Enfermou e morreu en Barcelona en setembro. Deixou escrita unha obra titulada Maldita sea la guerra.[2].
O 8 de marzo de 1936 foi obxecto dunha homenaxe na súa vila natal promovido pola Casa de Galicia de Barcelona[3], colocándose unha placa da casa onde nacera no Campo do Boi[4]. O 11 de marzo o Concello de Pontevedra acordou poñer o seu nome á rúa onde nacera[5].