Teucro (heroe)

Teucro (en grego Τεύκρος) foi un heroe grego fillo de Telamón e da súa segunda esposa Hesíone (filla de Laomedonte). Era á súa vez sobriño do rei Príamo de Troia, e por tanto curmán de Heitor e Paris, contra os que loitou na guerra de Troia. Tivo fama de ser un hábil arqueiro durante esa guerra, sempre ó lado do seu medio irmán Áiax.

De regreso ó fogar, Telamón reprocháballe non ter vingado a morte de Áiax. Se ben Teucro alegaba que seu irmán se suicidara e non había en quen vingarse, o pai insistiu tanto que Teucro tivo que se embarcar ao mar en busca dunha nova patria.
Teucro en Pontevedra[editar | editar a fonte]
Segundo a lenda, que non se corresponde coa realidade histórica, Teucro arribou ás costas galegas, fundando unha colonia á que chamou Helenes e que deu lugar á actual Pontevedra. Unha placa na entrada da Casa do Concello recolle así esta lenda:
Esta inscrición recolle outra datada no século XVI, colocada na Casa del Concejo.
A memoria do fundador da cidade, na Basílica de Santa María existe unha estatua de Hércules que se interpreta como o propio Teucro. Na fonte que hai fronte á igrexa da Peregrina colocouse en 1956 outra estatua que o representa.
Nun dos cetros da Confraría de Mareantes de Pontevedra tamén aparece esta imaxe de Teucro (ou Hércules) co león.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
|