Carlos Sobrino Buhigas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaCarlos Sobrino Buhigas

(1929) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento18 de marzo de 1885 Editar o valor em Wikidata
Pontevedra, España Editar o valor em Wikidata
Morte4 de decembro de 1978 Editar o valor em Wikidata (93 anos)
Vigo, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpintor Editar o valor em Wikidata
AlumnosÁngel Lemos e Silverio Rivas Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
PaiLuís Sobrino Rivas Editar o valor em Wikidata
IrmánsRamón Sobrino Buhigas Editar o valor em Wikidata
ParentesFernando Campo Sobrino (curmán entregue)
Enrique Campo (curmán entregue)
Carlos Sobrino Rivas (tío) Editar o valor em Wikidata
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

Carlos Sobrino Buhigas, (de nome artístico Carlos Sobrino) nado en Pontevedra o 18 de marzo de 1885 e finado en Vigo o 4 de decembro de 1978, foi un pintor galego, irmán do naturalista e arqueólogo Ramón Sobrino Buhigas.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Alameda de Pontevedra.

Fillo de Luís Sobrino Rivas, dunha familia acomodada, de longa tradición artística na que destacou o pintor Enrique Campo do que era curmán.

De novo quixo estudar na Academia de San Fernando de Madrid. Por decisións familiares estudou Comercio. Oposita a cátedras de Debuxo e Caligrafía desta modalidade e obtén o número un. Comparte a carreira con estudos de Belas Artes, baixo a dirección do pintor Alejandro Ferrant y Fischermans.

Exposición no Palacio de María Pita, en 1917. De esq. a der., de pé: Tella, Abelenda, Barreiro, Sobrino, Palacios, Seijo, Sotomayor, Lloréns, Castelao, Concheiro, Francés, Madariaga (co chapeu nas mans), González del Villar e dúas persoas sen identificar. Sentados: a muller de Francés, a Pardo Bazán e Picadillo.

Participa nas Exposicións Nacionais de Belas Artes, recoñecido con mencións honoríficas en 1908 e 1910. Na de 1915 consegue a terceira medalla co seu cadro «Cristo de Casal Dourado», actualmente en Buenos Aires. Un ano máis tarde outórganlle a segunda medalla na Exposición Universal de Panamá pola súa paisaxe «Calle de ciudad gallega», que é característico da súa pintura. Fixo importantes exposicións no Salón Iturrioz de Madrid (1913) e no estudio fotográfico de Sáez-Mon en Pontevedra (1917)[1].

Realiza ilustracións en xornais, revistas, libros e carteis. Viaxeiro por Galicia gusta da pedra traballada e de pintar recunchos: rúas, cruceiros, hórreos ou casas vellas. A vila mariñeira de Combarro é descrito nos seus traballos de arquitectura popular galega.

Obra[editar | editar a fonte]

Na Alameda de Pontevedra deixou vinte e tres azulexos con distintas paisaxes e escenas, rurais e urbanas, pintadas en 1927 e fabricados pola empresa sevillana "Mensaque Rodríguez y la compañía de Triana". Estes mosaicos foron restaurados completamente na reforma que se fixo no contorno do parque en 2010.

"Los azulejos de la Alameda constituyen la representación perenne -y solemne- de su obra, y gracias a la preciosa cerámica vidriada de sus azulejos, la calidad traslúcida de sus colores, pasados primero a material original, y después traspuestos al azulejo, que ostenta en sí mismo una amplia tradición decorativa.
Núñez Sobrino

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "O pintor da romaría de Darbo" (PDF). Consultado o 27 de agosto de 2013. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Barreiro, Alejandro (1917). Del arte gallego. A Coruña.
  • Couselo Bouzas, José (1950). La pintura gallega. A Coruña, Porto.
  • Chamoso Lamas, Manuel (1976). «Arte», en Galicia. Barcelona, Edit. Noguer.
  • Filgueira Valverde, José (1981). "La pintura gallega", Galicia eterna. Vol. VI. Nauta. Barcelona.
  • Gaya Nuño, J. A. (1970). La pintura española del siglo XX. Madrid, Ibérico Europea de Edic.
  • Hidalgo, J. M.; et al. (1997). Artistas galegos nas coleccións de Prensa Española 1893-1936 (en bilingüe). Museo Quiñones de León. VG 930-97. 
  • Núñez Sobrino, Ángel (2005). "Carlos Sobrino (1885-1978), el riguroso mundo de la anotación", en Anuario Brigantino nº 28.
  • Pantorba, Bernardino de (1980). Historia y crítica de las Exposiciones Nacionales de Bellas Artes. Madrid.
  • Pablos, Francisco (1981). Pintores gallegos del novecientos (en castelán). Fundación Barrié. pp. 120–129. ISBN 84-85858-06-9. 
  • ———————— (1981). Plástica Gallega (en castelán). Caja de Ahorros Municipal de Vigo. pp. 304–305. ISBN 84-7231-603-3. 
  • ———————— (2003). A pintura en Galicia - La pintura en Galicia (en bilingüe). Nigra Trea. p. 67-69. ISBN 84-95364-15-8. 
  • Sanchez Cantón, F. J. (1973). La exposición Carlos Sobrino 1917. En «Santander y los pontevedreses».
  • Travieso Mougán, Javier. "Sobrino Buhigas, Carlos". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada.
  • Diccionario de pintores españoles contemporáneos. Madrid, Edic. Estiarte, 1972.
  • VV. AA.: Un siglo de pintura gallega 1880/1980. Buenos Aires, Museo Nacional de Bellas Artes, 1984.
  • Arte gallego en Caixa Galicia. A Coruña, Fundación Caixa Galicia, 1992.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]