Andrés Muruais

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Andrés Muruais
Andres Muruais.jpg
Nacemento 30 de novembro de 1851
Lugar Pontevedra, Galicia Galicia
Falecemento 21 de outubro de 1882 (30 anos)
Lugar Pontevedra, Galicia Galicia
Nacionalidade España
Ocupación escritor
Cónxuxe Emilia Calé
Xéneros Poesía
Estudos Medicina e Cirurxía
Firmaandresmuruais.jpg
editar datos en Wikidata ]

Andrés Muruais Rodríguez, nado en Pontevedra o 30 de novembro de 1851 e finado na mesma cidade o 21 de outubro de 1882, foi un escritor e xornalista galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciouse en Medicina e Cirurxía na Universidade de Santiago de Compostela en 1874. Co seu irmán Jesús frecuentou as reunións da sociedade La Galicia Literaria, que tiñan lugar en Madrid en 1875, na casa da poetisa Emilia Calé.

Foi un dos impulsores da prensa diaria en Galicia, colaborou cos periódicos La Constancia, El Deber, La Paz, El Porvenir, El Anunciador, El Eco de Pontevedra e El Lérez, foi o responsable de El Urco e fundou en Pontevedra o semanario El Independiente (1881-1882).

Apaixonado por Galicia e considerando que o sistema federativo era o máis conveniente para ela, fundou comités e dirixiu un partido en Pontevedra.

Escribiu poesía en castelán e algúns poemas en galego, e cultivou tamén o teatro e a zarzuela. A súa obra caracterízase polo seu costumismo e imaxinación.

Finou por mor da tuberculose. Foi soterrado no cemiterio de San Amaro de Pontevedra, poucos días despois da súa inauguración.

Obras[editar | editar a fonte]

  • Cantos inarmónicos, 1874 (poesía).
  • La hija del timonel, 1878 (teatro).
  • Percances de un viejo verde (zarzuela).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]