Alejandro Sesmero

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Alejandro Sesmero
Alejandro Rodríguez-Sesmero González, 1848-1913.jpg
Nacemento1843
 Xixón
Falecemento22 de outubro de 1913
 Córdoba, Arxentina
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónarquitecto
PaiDomingo Rodríguez Sesmero
editar datos en Wikidata ]

Alejandro Rodríguez-Sesmero González (nalgunhas ocasións asinaba como Alejandro Sesmero)[1], nado en Xixón en 1843 e finado en Córdoba (Arxentina) o 22 de outubro de 1913, foi un arquitecto que traballou en Galicia.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Casa consistorial de Pontevedra.

Fillo de Domingo Esteban Rodríguez Sesmero, arquitecto nado en Medina del Campo. Estudou Arquitectura en Valladolid, acadando o título de Mestre de Obras. Colaborou co seu pai entre 1866 e 1869 como delineante da Deputación Provincial. Nese ano o seu pai trasladouse a Vigo, nomeado arquitecto municipal nesa cidade. Alejandro Sesmero foi interino nese posto entre maio de 1875 e xullo de 1876, momento en que pasou a ser arquitecto municipal interino de Pontevedra, pola renuncia de Justino Flórez Llamas.

Pazo da Deputación de Pontevedra.

Nesta vila proxectou a expansión urbana cara ao exterior, logo de ser derrubada a muralla medieval. Deseñou a casa consistorial, a avenida de Santa María, o palacete de Mendoza, a Alameda e o parque das Palmeiras, o cemiterio de San Amaro, os depósitos da traída de augas en San Amaro e as fontes no casco urbano, o Pazo da Deputación (xunto co seu pai), un colexio que hoxe é o edificio da Subdelegación de Defensa, o Mercado Municipal e reformou a capela da Virxe do Camiño. En 1880 foille concedida a Cruz da Real Orde de Carlos III. En 1887 parte da corporación local propuxo a súa designación como arquitecto municipal, mais a idea non saíu adiante porque non tiña o título oficial de arquitecto.

Mercado de Pontevedra.

Dimitiu do posto e solicitou a legalización do título ante a Dirección Xeral de Instrución Pública. Unha vez conseguido, abandonou a súa muller, Pilar Rubio Romea, e os seus fillos (Adelaida, Ricardo, Enrique, María del Pilar, Alfonso e Margarita) e en xaneiro de 1889 marchou a Arxentina, sendo nomeado profesor de Arquitectura e Debuxo Arquitectónico na Facultade de Ciencias Físico-Matemáticas da Universidade Nacional de Córdoba. Alí compaxinou a docencia co deseño de edificios públicos, e foi membro de tribunais de oposicións.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Casas para Manuel Blanco García, 1878, Sede de Radio Vigo e Localia Vigo

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Garrido, Xaime. "RODRÍGUEZ-SESMERO, Domingo e Alejandro". Gran Enciclopedia Galega.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]