Álvar Páez Maldonado

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Álvar Páez Maldonado, nado en Pontevedra a mediados do século XIII, foi un Almirante Maior do Mar, fillo do nobre e poeta Pai Gómez Chariño.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Acadou altos cargos e gran consideración na corte do rei Sancho IV de Castela.

Conseguiu o cargo de almirante maior, corroborado en dous privilexios datados en 1302. Foi o décimo almirante de Castela, e ferido en combate en Tarifa. Por méritos de guerra concedéronselle os méritos da Casa de Alamparte.

Crese que os restos descansan no Convento de Santa Clara de Pontevedra, nunha sepultura con arco xunto ó muro do altar de San Vicente.