Saltar ao contido

José Echegaray

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJosé Echegaray

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento19 de abril de 1832 Editar o valor en Wikidata
Madrid Editar o valor en Wikidata
Morte14 de setembro de 1916 Editar o valor en Wikidata (84 anos)
Madrid Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturacamposanto de San Isidro Editar o valor en Wikidata
Presidente da Real Sociedade Matemática Española Real Sociedade Matemática Española
1911 – 14 de setembro de 1916
 sen valor – Zoel García de Galdeano 
Vogal da Xunta para Ampliación de Estudos e Investigacións científicas
1907 – 14 de setembro de 1916
Ministro de Facenda
18 de xullo de 1905 – 1 de decembro de 1905
 Ángel UrzáizAmós Salvador Rodrigáñez 
Catedrático de universidade Universidade Central
1905 – 14 de setembro de 1916
Presidente Real Sociedade Española de Física e Química
xaneiro de 1903 – xaneiro de 1904
 sen valor – Gabriel de la Puerta Ródenas 
Presidente da Real Academia de Ciencias Exactas, Físicas e Naturais
28 de agosto de 1901 – 14 de setembro de 1916
 Cipriano Segundo Montesino EstradaAmós Salvador Rodrigáñez 
Senador vitalicio de España
3 de maio de 1900 – 14 de setembro de 1916
Presidente do Ateneo de Madrid
1898 – 1899
 Segismundo MoretSegismundo Moret 
Membro da Real Academia Española

20 de maio de 1894 – 14 de setembro de 1916
 Ramón de Mesonero RomanosJulio Burell y Cuéllar 
Deputado das Cortes
27 de abril de 1879 – 25 de xuño de 1881
Circunscrición electoral: Circunscrición electoral de Madrid
Deputado das Cortes
12 de xuño de 1877 – 30 de decembro de 1878
Circunscrición electoral: Cañete
Ministro de Facenda
4 de xaneiro de 1874 – 13 de maio de 1874
 Práxedes Mateo SagastaJuan Francisco Camacho de Alcorta 
Ministro de Facenda
19 de decembro de 1872 – 24 de febreiro de 1873
 Servando Ruiz-Gómez y González-LlanosJoan Tutau i Vergés 
Deputado no Congreso do Sexenio Democrático
19 de setembro de 1872 – 22 de marzo de 1873
Circunscrición electoral: Murcia
Ministro de Fomento de España
13 de xuño de 1872 – 19 de decembro de 1872
 Víctor BalaguerManuel Becerra Bermúdez 
Deputado no Congreso do Sexenio Democrático
28 de xuño de 1871 – 24 de xaneiro de 1872
 Cristino Martos
Circunscrición electoral: Quintanar de la Orden
Ministro de Fomento de España
13 de xullo de 1869 – 5 de xaneiro de 1871
 Manuel Ruiz ZorrillaManuel Ruiz Zorrilla 
Deputado no Congreso do Sexenio Democrático
16 de febreiro de 1869 – 2 de xaneiro de 1871
Circunscrición electoral: Avilés

Académico da Real Academia de Ciencias Exactas, Físicas e Naturais

11 de marzo de 1866 – 14 de setembro de 1916
 Venancio González ValledorRicardo Aranaz  Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
ResidenciaMadrid Editar o valor en Wikidata
EducaciónEscola Técnica Superior de Enxeñaría de Camiños, Canales e Portos de Madrid Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid Editar o valor en Wikidata
Ocupacióndramaturgo, enxeñeiro, matemático, escritor, enxeñeiro civil, político, economista Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade Central Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Progresista
Partido Demócrata-Radical
Partido Liberal Fusionista Editar o valor en Wikidata
Membro de
Xénero artísticoDramaturxia e teatro Editar o valor en Wikidata
Familia
Cónxuxesen valor Editar o valor en Wikidata
PaiJosé Echegaray Lacosta Editar o valor en Wikidata
IrmánsEduardo Echegaray
Miguel Echegaray Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteEnciclopedia Literaria Concisa, (vol:8),
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0248378 IBDB: 6933
Enciclopedia Galega Universal: 116915 BNE: XX910695 WikiTree: Echegaray-1 Find a Grave: 22299519 Arquivo Histórico de Deputados: 32960 Editar o valor en Wikidata

José Echegaray Eizaguirre, nado en Madrid o 19 de abril de 1832 e finado na mesma vila o 14 de setembro de 1916, foi un enxeñeiro, matemático, dramaturgo e político español, catedrático da Facultade de Ciencias na Universidade Central.

En 1904 foille concedido o premio Nobel de literatura, e introduciu en España a xeometría de Chasles, a teoría de Galois e as funcións elípticas. Era irmán do comediógrafo Miguel Echegaray.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Era fillo dun médico e profesor de instituto aragonés e de nai navarra. Pasou a infancia en Murcia, onde fixo a educación primaria. Aos 14 anos regresou a Madrid, ao pouco tempo antes creado instituto de segunda ensinanza de San Isidro, para preparar o ingreso á escola de enxeñeiros de camiños, canles e portos. Tras acadar o título de enxeñeiro con 20 anos, sendo o número un da súa promoción, marchou a Almería e Granada para traballar.

En 1854 volveu a Madrid como profesor na escola de enxeñeiros, sendo amais o secretario do centro. Até 1868, deu clase de matemáticas, estereotomía, hidráulica, xeometría descritiva, cálculo diferencial e física. Amais, entre 1858 a 1860 foi profesor da escola de axudantes de obras públicas.

En 1864 foi nomeado membro da Real Academia das Ciencias Exactas. No seu discurso de ingreso, Historia de las matemáticas puras en nuestra España, facía o balance da matemática española a través da historia, defendendo a ciencia básica fronte á ciencia práctica. O discurso foi fonte de polémica por ser esaxeradamente negativo e con determinadas lagoas. Entre 1901 e 1916 foi o seu presidente.

Política

[editar | editar a fonte]

De ideoloxía liberal, participou na Sociedad Libre de Economía Política. Trala revolución de 1868 e a entrada de Joan Prim i Prats en Madrid, Manuel Ruiz Zorrilla, co que participara activamente na fundación do Partido Radical, nomeou a Echegaray director xeral de obras públicas. Entrou no goberno en 1869 como ministro de fomento (1869–1870 e 1872), desenvolvendo a Lei de bases de ferrocarrís. En 1870 formou parte da comisión que recibiu o rei Amadeu de Savoia en Cartaxena. Entre 1872 e 1873 foi ministro de facenda, regresando ao cargo en 1874 durante a Primeira República Española, época en que se deu ao Banco de España o carácter de banco estatal co monopolio da emisión de billetes.

Trala restauración monárquica mantivo os seus ideais republicanos, pero foi elixido deputado en 1876, defendendo no Congreso a súa xestión das críticas do bando conservador. En 1880 participou xunto con Nicolás Salmerón e Cristino Martos na fundación do Partido Republicano Progresista. Posteriormente, participou no réxime da Restauración, formando parte do bando máis esquerdista do Partido Liberal de Sagasta. En 1905, reinando Afonso XIII, regresou ao ministerio de facenda. Foi tamén senador vitalicio e presidente do consello de instrución pública.

Comezou a súa actividade literaria en 1865 coa obra dramática La hija natural se ben non foi estreada até tempo despois. En 1874 escribiu El libro talonario. Estreou 67 obras de teatro, 34 delas en verso, con grande éxito entre o público na época pero sen valor literario para a crítica posterior. Na súa primeira época estaba influenciado pola melancolía do romanticismo propio da época, pero máis adiante adoptou un ton social, marcado polo noruegués Henrik Ibsen.

En 1888 foi elixido presidente do Ateneo de Madrid. En 1896 foi elixido membro da RAE (cadeira e minúscula). En 1904 foille concedido o premio Nobel de literatura, xunto ao poeta provenzal Frédéric Mistral. A concesión deste premio ao autor español escandalizou as vangardas literarias españolas, especialmente aos membros da xeración do 98. Nese momento non estaba considerado un dramaturgo excepcional, e a súa obra era criticada por personalidades como Clarín ou Pardo Bazán. Se ben contaba coa admiración de autores como Bernard Shaw ou Luigi Pirandello, o propio autor mantivo sempre unha actitude distante coa súa obra.

Obra literaria

[editar | editar a fonte]
  • El libro talonario (1874).
  • La esposa del vengador (1874).
  • La última noche (1875).
  • En el puño de la espada (1875).
  • Un sol que nace y un sol que muere (1876).
  • Cómo empieza y cómo acaba (1876).
  • El gladiador de Revens (1876).
  • Locura o santidad (1876).
  • Iris de paz (1877).
  • Para tal culpa, tal pena (1877).
  • Lo que no puede decirse (1877).
  • En el pilar y en la cruz (1878).
  • Correr en pos de un ideal (1878).
  • Algunas veces aquí (1878).
  • Morir por no despertar (1879).
  • En el seno de la muerte (1879).
  • Bodas trágicas (1879).
  • Mar sin orillas (1879).
  • La muerte en los labios (1880).
  • El gran Galeoto (1881).
  • Haroldo el normando (1881).
  • Los dos curiosos impertinentes (1881).
  • Conflicto entre dos deberes (1882).
  • Un milagro en Egipto (1884).
  • Piensa mal ¿y acertarás? (1884).
  • Manantial que no se agota (1889).
  • Los rígidos (1889).
  • Siempre en ridículo (1890).
  • El prólogo de un drama (1890).
  • Comedia sin desenlace (1891).
  • Mariana (1891).
  • El hijo de Don Juan (1892).
  • El poder de la impotencia (1893).
  • A la orilla del mar (1893).
  • La rencorosa (1894).
  • Mancha que limpia (1895).
  • El estigma (1895).
  • Amor salvaje (1896).
  • La calumnia por castigo (1897).
  • El hombre negro (1898).
  • Silencio de muerte (1898).
  • El loco de Dios (1900).
  • Lances entre caballeros (Madrid, Sucesores de Rivadeneyra, s.a.).

Obra científica

[editar | editar a fonte]

Como científico e profesor publicou diversas obras sobre física e matemáticas.

  • Cálculo de variaciones (1858).
  • Problemas de geometría plana (Madrid, Bailly-Baillere, 1865).
  • Problemas de geometría analítica (1865).
  • Teorías modernas de la física (1867).
  • Introducción a la geometría superior (1867), expoñendo a xeometría de Michel Chasles.
  • Memoria sobre la teoría de los determinantes (1868).
  • Tratado elemental de termodinámica (1868).
  • Resolución de ecuaciones y teoría de Galois: lecciones explicadas en el Ateneo de Madrid (Madrid, J.A. García, 1897).

Foi socio fundador e primeiro presidente da Sociedade Española de Física e Química, fundada en 1903.[1]

Recoñecementos

[editar | editar a fonte]
Predecesor:
Manuel Ruiz Zorrilla
 Ministro de Fomento 
13 de xullo de 1869- 4 de xaneiro de 1871
Sucesor:
Manuel Ruiz Zorrilla
Predecesor:
Servando Ruiz Gómez y González Llanos
 Ministro de Facenda 
19 de decembro de 1872- 24 de febreiro de 1873
Sucesor:
Juan Tutau y Verges


Predecesor:
Bjørnstjerne Bjørnson
Premio Nobel de literatura

1904 (ex-aequo)
Sucesor:
Henryk Sienkiewicz
  1. "A la memoria de Arturo Duperier Vallesa" (PDF). www.divulgameteo.es. Consultado o 2018-12-18.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]