Ángel Cobián Areal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ángel Cobián Areal
Ángel Cobián Areal.jpg
Nacemento1854
Lugar de nacementoRomai
Falecemento14 de maio de 1901
Lugar de falecementoPontevedra
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónmédico e político
editar datos en Wikidata ]

Ángel Cobián Areal, nado en Romai (Portas) en 1854 e finado en Pontevedra o 14 de maio de 1901,[1] foi un médico e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou Medicina en Madrid. Desenvolveu un labor sanitario en Pontevedra, foi director médico do hospital de Pontevedra (1894),[2] procurador médico do concello, médico encargado do servizo de hixiene, vogal da Xunta Provincial de Beneficencia, presidente do Colexio de Médicos de Pontevedra e inspector de Sanidade da provincia. Redactou o Reglamento para el orden y gobierno del Hospital de Pontevedra (1897) e o Reglamento de Higiene especial (1897), para controlar a prostitución.

Militante do Partido Conservador, foi nomeado alcalde de Pontevedra o 27 de xuño de 1891,[3] permanecendo no cargo até 1893. Promoveu a construción dun novo hospital na cidade e unha campaña de vacinación fronte a varíola. Morreu o 14 de maio de 1901 de xeito repentino despois de enfermar gravemente.[4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Décimo aniversario del señor Ángel Cobián Areal". La Correspondencia Gallega : diario de Pontevedra (6364): 3. 13 de maio de 1911. 
  2. "Ángel Cobián Areal: pionero de los Rayos X y de la lucha contra la rabia y la peste en Galicia". El Español (en castelán). 25 de decembro de 2022. 
  3. Gaceta de Galicia, 2-7-1891, p. 2.
  4. "La medicina avanzada de Ángel Cobián Areal". Diario de Pontevedra (en castelán). 2 de febreiro de 2020. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]


Predecesor:
Inocencio Acevedo Caballero
 Escudo de Pontevedra.svg
Alcalde de Pontevedra
 
1891 - 1893
Sucesor:
Víctor Mendoza Muñoz