Saltar ao contido

Roxelio Lois Estévez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Rogelio Lois Estévez»)
Modelo:BiografíaRoxelio Lois Estévez

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento12 de marzo de 1842 Editar o valor en Wikidata
Pontevedra, España Editar o valor en Wikidata
Morte11 de outubro de 1905 Editar o valor en Wikidata (63 anos)
Pontevedra, España Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCemiterio de Santo Amaro de Pontevedra Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista, escritor Editar o valor en Wikidata
Membro de
Familia
FillosAlfonso Lois Sancho Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteEnsayo de un catálogo de periodistas españoles del siglo XIX (1903-1904), (sec:Lois Estevez (Rogelio), p.228) Editar o valor en Wikidata
Galiciana: 12097 BNE: XX1345734 BUSC: lois-estevez-rogelio-1842-1905

Rogelio Lois Estévez, nado en Pontevedra o 12 de marzo de 1842 e finado na mesma cidade o 11 de outubro de 1905,[1] foi un xornalista galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]
Coleución de cantares gallegos. 1899.

Oficial primeiro do concello de Pontevedra. Colaborou en La Opinión, El Diario, Galicia Cómica, El Ángel del Hogar e dirixiu a segunda etapa de O Galiciano, que reapareceu en novembro de 1888. Creou en xullo de 1890 a Asociación protectora de la clase obrera, unha sociedade protectora dos traballadores que tiña como órgano de prensa El Obrero. Foi o iniciador da campaña para a conservación das ruínas de San Domingos. Escribiu poesía en galego e castelán e algunhas obriñas de teatro como Trabajo fustrado, Antaño y hogano, Un diputado modelo, Los hijos de Minerva, Portales vigueses (apropósito estreado en Vigo en 1904) e A Cuba (cadro en verso estreado en Pontevedra en 1928).[2]

Lápida no cemiterio de Santo Amaro.
  • A los obreros de Pontevedra.
  • Pelra... antre seixos, 1888, versos en galego.[3]
  • Discurso leído como Presidente da "Asociación Protectora del Obrero" de Pontevedra, na Xunta Xeral, decembro de 1891.
  • Abrojos, 1893, versos en castelán.
  • Contos e cantares, 1893, versos en galego.
  • Fabas e castañas, 1894, versos en galego e en castelán.
  • Estrugas, 1894, versos en galego.
  • Coleución de cantares gallegos, 1899, versos en galego.
  • Burbujas, 1899, versos en galego e en castelán.
  • Adios! ante el cadáver de mi infortunada sobrina Maria Barbeito Lois.
  • Cuartillas leídas por Don Rogelio Lois en la Asociación Protectora del Obrero la noche del 21 de octubre de 1900 al inaugurarse las Conferencias que habrán de terner lugar en dicha "Asociación", 1900.
  • Remembranzas, 1904, versos en galego e en castelán.[4]
  • Sermón o lo que sea, hecho para finalizar las fiestas carnavalescas del año actual y que no pudo predicarse por la mala noche que se presentó, 1905.

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Casou con Luisa Sancho Varela-Seijas e foi pai de Alfonso Lois Sancho.

  1. Necrolóxica en La Correspondencia Gallega, 10-10-1906, p. 2.
  2. "En Galicia, tal día como hoy..." in La Noche, 11-10-1951, p. 6.
  3. Con prólogo de José Echegaray.
  4. Con prólogo de Sarah Lorenzana.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]