Benito Corbal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Benito Corbal Estévez, nado en Bora (Pontevedra, por entón pertencente ao concello de Mourente) a mediados do século XIX e finado en Pontevedra o 18 de marzo de 1926, foi un empresario e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Rúa Benito Corbal de Pontevedra.

De orixe humilde. Foi contratista de obras. Fixo toda a parte de cantería do actual Ponte da Barca, construíu o porto de Cangas e promoveu e financiou o cemiterio de Bora. Foi administrador e propietario do balneario de Ponte Caldelas. Urbanizou a rúa Progreso e grazas ás súas influencias conseguiuse cara a 1900 un novo lugar para a celebración das feiras de gando que ata aquel momento se celebraban no Campo de San Xosé, nacendo así a praza de Barcelos. En 1894 foi elixido concelleiro en Pontevedra, cargo que ocupou practicamente ata a súa morte. Tamén foi deputado provincial.

Ao ano seguinte á súa morte púxoselle o nome de Benito Corbal á Rúa Progreso onde viviu.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]