Saltar ao contido

Rafael Alonso

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaRafael Alonso
Biografía
Nacemento1924 Editar o valor en Wikidata
Pontevedra, España Editar o valor en Wikidata
Morte1995 Editar o valor en Wikidata (70/71 anos)
Actividade
Ocupaciónpintor Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteGran Enciclopedia Galega Silverio Cañada Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1184451

Rafael Alonso Fernández nado en Pontevedra en 1924 e finado setembro en 1995, foi un pintor galego, especializado na acuarela.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Comezou a estudar arquitectura en Madrid en 1946, mais deixouno ao pouco tempo. En 1947 fixo a súa primeira exposición en Vigo e Pontevedra simultaneamente.[1] En 1952 marchou durante dous anos a París cunha pensión e alí coñeceu tendencias innovadoras (postimpresionismo, fauvismo, técnica de Duby...), que serviron de base para a súa propia creatividade.[2]

Nos seus comezos a temática era máis paisaxística, derivando cara a formas esquemáticas.

Amigo do editor Sabino Torres, ilustrou a obra de Celso Emilio Ferreiro Musa alemá.

Recibiu a medalla de Ouro da primeira Bienal de Arte de Pontevedra (1970) e a da cuarta Bienal Internacional de Pontevedra (1980), os dous únicos concursos ós que se presentou.[3][4][2] A súa obra está en poder de institucións como os Paradores Nacionais de Turismo, o BBVA, a Colección Afundación, o Museo Provincial de Pontevedra ou o Museo Municipal Quiñones de León de Vigo e coleccións privadas do Canadá, Cuba, Estados Unidos de América, Francia, Reino Unido, Rusia[1][2]

  1. 1,0 1,1 Dicionario biográfico de Galicia 1. Ir Indo Edicións. 2010-2011. p. 21-22. 
  2. 2,0 2,1 2,2 Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). Grupo El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8. 
  3. Pablos, Francisco; A pintura en Galicia | La pintura en Galicia (edición bilingüe), pp. 176-178, Nigra Trea, 2003, ISBN 84-95364-15-8.
  4. Pablos, Francisco (1981). Plástica Gallega (en castelán). Caja de Ahorros Municipal de Vigo. pp. 88–89. ISBN 84-7231-603-3. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]