Andrés Mellado Fernández
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 23 de decembro de 1846 Málaga |
| Morte | 30 de agosto de 1913 Biarritz |
| 5 de maio de 1912 – 30 de agosto de 1913 ← Cristóbal Pérez Pastor (pt) | |
| 23 de xuño de 1905 – 31 de outubro de 1905 ← Juan de la Cierva Peñafiel – Vicente Santamaría de Paredes (en) | |
| 25 de xullo de 1902 – 9 de decembro de 1902 ← Pío Gullón Iglesias – Antonio García Alix → | |
| 8 de xuño de 1901 – 30 de agosto de 1913 | |
| 1 de abril de 1896 – 24 de abril de 1901 Circunscrición electoral: Gaucín | |
| 23 de febreiro de 1891 – 1 de xullo de 1895 Circunscrición electoral: Gaucín | |
| 19 de agosto de 1889 – 12 de xullo de 1890 ← José Abascal y Carredano – Cayetano Sánchez Bustillo → | |
| 14 de abril de 1886 – 29 de decembro de 1890 Circunscrición electoral: Málaga | |
| 31 de maio de 1884 – 8 de marzo de 1886 Circunscrición electoral: Coamo (pt) | |
| 26 de setembro de 1881 – 31 de marzo de 1884 Circunscrición electoral: San Germán (pt) | |
| Actividade | |
| Ocupación | político |
| Partido político | Partido Liberal Fusionista |
| Membro de | |
| Descrito pola fonte | Ensayo de un catálogo de periodistas españoles del siglo XIX (1903-1904), (sec:Mellado (Andrés), p.271) |
Andrés Mellado Fernández, nado en Málaga en 1846 e finado en Biarritz (Francia) o 30 de agosto de 1913, foi un avogado, xornalista e político español, ministro de Instrución Pública e Belas Artes durante o reinado de Afonso XIII.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Membro do Partido Liberal-Conservador, iniciou a súa carreira política en 1881 como deputado en representación de Porto Rico, repetindo o nomeamento do escano en 1884. Desde a seguinte lexislatura e até 1899 foi deputado pola provincia de Málaga, e en 1898 foi nomeado senador por Cuba.
En 1889 foi alcalde de Madrid,[1] e foi gobernador do Banco de España entre xuño e decembro de 1902. Durante o goberno presidido por Eugenio Montero Ríos, entre o 23 de xuño de 1903 e o 31 de outubro de 1905, foi nomeado ministro de Instrución Pública.
Como xornalista, dirixiu o periódico El Imparcial. Foi amais membro da Real Academia Española coa cadeira K dende o 5 de maio de 1912.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou na igrexa de Santo Ildefonso de Madrid coa luguesa Jesusa de La Portilla Cobián, irmá do gobernador militar de Lugo Leoncio de La Portilla. Non tiveron descendencia.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Cambronero, Carlos (1900). Rafael Álvarez Sereix, ed. "Cosas de antaño. El ayuntamiento de Madrid". Revista Contemporánea (117): 386–411. ISSN 0213-8654.
- ↑ Milagros Bará (8 de agosto de 2021). "Andrés Mellado, pasión por Pontevedra y Galicia". Diario de Pontevedra.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Andrés Mellado Fernández |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Urquijo y Goitia, José Ramón de (2008). Gobiernos y ministros españoles en la edad contemporánea (2ª ed.). Madrid: CSIC. ISBN 978-84-00-08737-1.