Javier Puig Llamas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Javier Puig Llamas
Javier Puig Llamas 1909.jpg
Nacemento2 de novembro de 1869
 Santiago de Compostela
Falecemento15 de setembro de 1941
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupaciónxornalista
editar datos en Wikidata ]

Francisco Javier Puig Llamas, nado en Santiago de Compostela o 2 de novembro de 1869 e finado en Pontevedra o 15 de setembro de 1941[1], foi un avogado, xornalista e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de Juan Puig Vilomara e de Concepción Llamas Novac. Estudou o bacharelato en Lugo e Dereito na USC. Popular cando estudante, aparece en La Casa de la Troya como o personaxe Javierito Flama.

O escritor Ramón María del Valle Inclán encargoulle a corrección da súa publicación[2], Femeninas[3][4], prologada por Manuel Murguía e publicada en 1895, que foi o seu primeiro libro e consta de seis relatos curtos.

Foi funcionario do Estado e en 1900 instalouse como avogado en Pontevedra. Cofundador da asociación xuvenil "Los Exploradores de Pontevedra", foi redactor de La Tierra e director de La Correspondencia Gallega.

Foi alcalde de Pontevedra (1909-1911) e deputado provincial polo distrito de Vigo-Tui (1913-1923). Fixo amizade con Niceto Alcalá Zamora tras encomendarlle este a defensa do fillo da Marquesa de Fuente del Moral. No ano 1931 foi elixido decano do Colexio Provincial de Avogados de Pontevedra. Durante a Guerra civil foi nomeado membro da Xestora da Deputación en decembro de 1936 e, o 11 de decembro de 1937, presidente da Deputación de Pontevedra; dimitindo o 8 de outubro do ano 1938, por razóns persoais.

Finou no seu domicilio en Pontevedra na Rúa da Ponte número 17 na casa familiar da súa dona.


Predecesor:
Manuel Becerra Armesto
 Escudo de Pontevedra.svg
Alcalde de Pontevedra
 
1909 - 1912
Sucesor:
Pedro Martínez Casal
Predecesor:
Rafael González Fernández Besada
 Coat of Arms of the Province of Pontevedra.svg
Presidente da Deputación de Pontevedra
 
1937 - 1938
Sucesor:
Jacobo Rey Daviña

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou en Pontevedra con Esperanza Gaite Sancho. Foron pais de sete fillos entre os que se atopa Antonio Puig Gaite.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Necrolóxica en El Pueblo Gallego, 16-9-1941, p. 7.
  2. "Portada e dedicatoria do exemplar de Femeninas a Javier Puig Llamas.". Arquivado dende o orixinal o 10 de outubro de 2016. Consultado o 10 de outubro de 2016. 
  3. Ramón Valle-Inclán, "Femeninas". Imprenta y Comercio de A. Landín. Pontevedra, 1895
  4. Femeninas, facsímile no sitio web da RAG.