Claudio González Zúñiga
Claudio González Zúñiga | |
---|---|
Nacemento | 3 de agosto de 1784 |
Lugar de nacemento | Pontevedra |
Falecemento | 3 de novembro de 1857 |
Lugar de falecemento | Pontevedra |
Nacionalidade | España |
Ocupación | político |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Claudio González Zúñiga, nado en Pontevedra o 3 de agosto de 1784 e finado na mesma vila o 3 de novembro de 1857, foi un médico, historiador e político galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Combateu durante a Guerra da Independencia española, sendo distinguido co Foro Militar e cunha pensión vitalicia. En 1815 fíxose frade da orde de San Xoán de Deus, pero trala desamortización desapareceu a orde e marchou do hospital.
En 1823 foi elixido alcalde de Pontevedra. Trala fin do Trienio liberal foi perseguido polas sociedades secretas Estrella e El Ángel Exterminador. Refuxiouse nun barco contrabandista en Beluso (Bueu), pero caeu en mans inimigas. Foi desterrado por un tribunal eclesiástico a Seixido (A Lama), e despois foi condenado a catro meses de reclusión no convento de Herbón. A pesar da amnistía xeral do 1 de maio de 1824, aínda pasou ano e medio recluído en Chamadoira (Cerdedo-Cotobade). Ao regreso a Pontevedra defendeu a capitalidade provincial na división territorial de España en 1833, fronte á corrente liderada por Francisco Javier Martínez Enríquez Sarmiento de Valladares, marqués de Valadares, que defendía que fose Vigo. Foi deputado pola provincia de Pontevedra na lexislatura 1840-1841.
Licenciado en medicina e cirurxía, axudou a combater a vaga de cólera que asolou a comarca no inverno de 1833.
Foi director do Instituto de Ensino Secundario Provincial. Leva o seu nome unha rúa de Pontevedra, trala capela da Virxe Peregrina[1].
Obra[editar | editar a fonte]
- Historia de la medicina y cirujía (1822)
- Descripción Económica de la provincia de Pontevedra (1834)
- Historia de Pontevedra (1846)
- Descripción geográfica, estadística, económica e histórica de la ciudad capital de Pontevedra y sus hombres célebres (1848)
- Diccionario de los jeroglíficos que contienen las medallas antiguas romanas (1854)
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ González Clavijo, P.: Las calles de Pontevedra. Deputación de Pontevedra, 2008. ISBN 978-84-8457-312-8 (en castelán).
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Ficha no Congreso dos DeputadosArquivado 07 de marzo de 2016 en Wayback Machine.
- "Claudio González Zúñiga". no Álbum da Ciencia do Consello da Cultura Galega.