Prudencio Landín Tobío

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Prudencio Landín Tobío
Prudencio Landín Tobío 1917.jpg
Prudencio Landín Tobío, retrato en Vida Gallega, 1917.
Nacemento6 de marzo de 1877
 Pontevedra
Falecemento18 de maio de 1955
 Pontevedra
SoterradoCemiterio de Santo Amaro de Pontevedra
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónxornalista, político, avogado e escritor
PaiAndrés Landín
FillosPrudencio Landín Carrasco, Rafael Landín Carrasco e Amancio Landín Carrasco
editar datos en Wikidata ]

Prudencio Landín Tobío, nado en Pontevedra o 6 de marzo de 1877 e finado na mesma cidade o 18 de maio de 1955, foi un avogado, político, xornalista e escritor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de Andrés Landín (un "riestrista" e "monterista" moi destacado) e Dolores Tobío, estudou o bacharelato no Instituto de Pontevedra. Dirixiu o periódico estudantil El Escolar (1891) e fundou e dirixiu as revistas Pontevedra en Broma e El Impertinente. Licenciouse en Dereito na Universidade de Santiago de Compostela e estableceuse con bufete propio en Pontevedra. En 1910, logo da morte do seu pai, substituíuno á fronte do Diario de Pontevedra. Foi profesor e director da Escola Normal.

Entrou en contacto con José Canalejas militando na súa facción liberal-demócrata a comezos do século XX. Como canalejista, vinculouse ao agrarismo e serviu como avogado ao Directorio Antiforista de Teis, salientando como orador nas concentracións agrarias. Pero a súa carreira política truncouse debido aos cambios de rumbo ideolóxico: foi liberal pero estivo ao servizo de Canalejas, Montero Ríos, Riestra ou García Prieto. Na ditadura de Primo de Rivera formou parte da Unión Patriótica. Na II República foi o principal representante do Partido Agrario Español en Galicia. Na posguerra foi cronista de Pontevedra.

Obras[editar | editar a fonte]

  • La parternidad de La casa de la Troya ante los tribunales de justicia, 1925.
  • De mi viejo carnet, 1952.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou con Gloria Carrasco Calderón, e dous dos seus fillos (Rafael e Prudencio Landín Carrasco) foron gobernadores civís no franquismo. Outro dos seus fillos, Amancio Landín Carrasco, destacou como xornalista e escritor.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]