El Heraldo Gallego (1874)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
El Heraldo Gallego, n.º 383, 1880.

El Heraldo Gallego foi un periódico galego que apareceu en Ourense entre 1874 e 1880.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Subtitulado Semanario de Ciencias, Artes y Literatura, o seu primeiro número saíu á rúa o 1 de xaneiro de 1874. Despois cambiou o seu subtítulo a Revista Ilustrada. Edición de interesas generales. Inicialmente tivo unha periodicidade semanal, para pasar en 1876 a bisemanal e un ano despois a quincenal; en 1880 volveu ser bisemanal. Fundado e dirixido por Valentín Lamas Carvajal, nel colaboraron, entre outros, Alfredo Vicenti, Aureliano Pereira, Juan Antonio Saco y Arce, Filomena Dato Muruais, Arturo Vázquez Núñez, José Pérez Ballesteros, Teodosio Vesteiro Torres, Antonio María de la Iglesia, Félix Moreno Astray, Ricardo Novoa y Novoa, Camilo Placer Bouzo e José María Hermida. Tratou sobre todo temas literarios, históricos, debates eruditos, cuestións arqueolóxicas e culturais. En 1878 fundiuse con El Avisador Orensano e fíxose diario. Cesou a súa publicación o 23 de outubro de 1880, cando levaba 408 números publicados.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]