Bertomeu, apóstolo
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
San Bertomeu | |
---|---|
Escultura de Pierre Le Gros o Novo (Roma, San Xoán de Latrán), s. XVIII | |
Apóstolo e Mártir | |
Biografía | |
Nacemento | descoñecida, arredor do ano 1 d.C. en Caná, Palestina |
Pasamento | s. I d.C. esfolado e crucificado en Albania caucásica (antiga Armenia, actual provincia de Van en Turquía). Enterrado en San Bartolomeo all'Isola Tiberina (Roma) (procedente de Benevento, antes en Lipari e antes en Dura-Europos) |
Proceso de canonización | |
Canonización | Anterior á Congregación |
Veneración | |
Venerado/a en | Maioría das confesións cristiás |
Festividade | 24 de agosto (occidente), 11 de xuño (oriente) |
Santuario principal | Mosteiro de San Bertomeu (Albarak, Turquía, lugar do martirio), San Bartolomeo all'Isola Tiberina (Roma), Catedral de San Bartolomeo (Lipari) |
Atributos | Coitelo, a súa pel esfolada |
Patrón/a de | Armenia; encadernadores, buxeos, carniceiros, traballadores da pel (curtidores, branqueadores); Cariño (A Coruña), Cabaneiro (Lugo), Capela de San Bertomeu da Catedral de Santiago |
Bertomeu chamado Natanael (Natan-el bar Tholmai, "Natanael, fillo de Ptolemeo"; en arameo: תולמי-בר, bar-Tôlmay; en grego: Βαρθολομαίος Bartholomaíos), nado en Caná (Galilea) a comezos do século I e finado na Armenia, foi segundo o Novo Testamento, un dos doce Apóstolos de Xesús Cristo. É venerado coma santo en tota a cristiandade.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Fillo dun cananeo chamado de Ptolemeo, o seu nome real semella que era Natanael (en arameo Natan-el bar Tholmai). De aquí o nome "bar-Tolmay", en galego Bertomeu, que significa fillo de Ptolemeo.
Segundo o Novo Testamento, veu a Xesús de Nazaret resucitado no Lago Tiberiades e foi testemuña da súa ascensión ao ceo. Segundo Eusebio de Cesarea, Bertomeu foi a predicar á India e, con Xudas Tadeo, predicou na Armenia, por iso son os patróns da Igrexa Apostólica Armenia.
O seu final foi dos máis crueis entre os apóstolos, xa que foi esfolado vivo e, finalmente, decapitado.
Detalle do Xuízo final de Miguel Anxo onde aparece Bertomeu sostendo a súa pel
Martirio do santo, por Giovanni Tiepolo, 1722 (Venecia, San Stae)
Veneración[editar | editar a fonte]
Conmemóraselle o 24 de agosto. Polo seu martirio é patrón de oficios relacionados co traballo da pel, coma os curtidores, e adobadores.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Bertomeu, apóstolo ![]() |