Xerardo Álvarez Limeses
Retrato en Vida Gallega, 1929 | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 10 de decembro de 1871 Pontevedra, España |
Morte | 19 de febreiro de 1940 (68 anos) Pontevedra, España |
Lugar de sepultura | Cemiterio de Santo Amaro de Pontevedra |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Formación profesional | Dereito |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | poeta |
Membro de | |
Xénero artístico | Poesía |
Lingua | Lingua castelá |
Familia | |
Cónxuxe | Dolores Gallego Martínez |
Fillos | Xerardo Álvarez Gallego, Amalia Álvarez Gallego |
Pai | Emilio Álvarez Giménez |
Irmáns | Darío Álvarez Limeses e José Álvarez Limeses |
Xerardo Álvarez Limeses, nado en Pontevedra o 10 de decembro de 1871 e finado na mesma cidade o 19 de febreiro de 1940, foi un mestre e escritor galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo de Emilio Álvarez Giménez e irmán de Darío Álvarez Limeses, cursou o Bacharelato en Pontevedra e participou canda a Víctor Said Armesto na fundación do ateneo Los Amigos del Progreso, no que comezou a súa faceta de escritor. Fixo a carreira de Dereito na Universidade de Santiago de Compostela e a de Maxisterio en Madrid, dedicándose despois a Inspector de Ensino Primario. Foi secretario das Xuntas de Instrución Pública de Palencia e Ourense, e en 1904 comezou a traballar como inspector de Primeira Ensinanza de Cádiz. Foi Profesor de Dereito e Lexislación Escolar en Lugo. Foi inspector xefe de Primeira Ensinanza de Ourense e en febreiro de 1914 foi nomeado para o mesmo cargo na provincia de Pontevedra,[1] posto do que dimitiu en marzo de 1933.[2] Volveu ser nomeado de inspector xefe de Pontevedra en marzo de 1934,[3] continuando como tal despois do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936, sendo cesando no cargo polo seu estado de saúde en xuño de 1938.[4]
Foi académico correspondente da Real Academia Galega, pertenceu á Sección de Historia do Seminario de Estudos Galegos (onde presentou un estudo sobre o padre Sarmiento) e cofundador e vicedirector do Museo Provincial de Pontevedra, do que se fixo cargo tras o falecemento de Casto Sampedro. Foi redactor das revistas El Iris Literario e Extracto de Literatura e despois fundou Galicia Moderna. Dirixiu El Perdigón en Palencia e El Maestro Gallego, Galicia Ilustrada (da que só apareceu o número 0) e Mi Tierra en Ourense. Colaborou con El Diario de Pontevedra, Faro de Vigo e La Correspondencia Gallega.
Obra
[editar | editar a fonte]En castelán
[editar | editar a fonte]- Margaritas (poesía; Madrid, 1893)
- Versos morales (poesía; Pontevedra, 1895)
- Leyendas gallegas. Santa Trahamunda (Tui, 1917)
- El emisario de Oriente (drama en verso)
- Geografía General del Reino de Galicia (Tomo VI, provincia de Pontevedra; 1928)
En galego
[editar | editar a fonte]- Antre dous séculos (poesía; Pontevedra, 1934). Con prólogo de Castelao.[5] Reeditado en 2021 por Galaxia.[6]
Galardóns
[editar | editar a fonte]Entre 1900 e 1920 participou en certames e Xogos Florais nos que obtivo varios premios:
- Premio de honra no Certame Pedagóxico de Santiago de Compostela de 1905 por "Canto a la mujer gallega como madre y como maestra"
- Mención honorífica en Compostela o 23 de xullo de 1912 por "La mujer gallega" (tríptico de sonetos)
- Dous accésits en Pontevedra o 18 de setembro de 1912 en Poema con liberdade de asunto e metro; premio en romance de menos de cen versos; accésit en soneto en versos alexandrinos
- Premio en Lugo o 5 de outubro de 1915 por poesía en oitavas reais sobre Viveiro
- Premio en Tui en 1925 -milenario de San Paio- por "Canto a Galicia" (en galego) e "Oda a Tuy".
- Premio en Vigo en 1929 por "Canto a la mujer gallega".
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]Na súa honra leva o seu nome o CEIP Álvarez Limeses de Pontevedra.[7]
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con Dolores Gallego Martínez, e foi o pai de Gerardo, Emilio, Enriqueta e Amalia Álvarez Gallego, que casou con Alexandre Bóveda.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ El Noticiero Gallego, 11-2-1914, p. 2.
- ↑ El Compostelano, 10-3-1933, p. 2.
- ↑ El Pueblo Gallego, 13-3-1934, p. 3.
- ↑ El Compostelano, 6-6-1938, p. 2.
- ↑ Despois incluído na Biblioteca de Autores Galegos.
- ↑ "Antre dous séculos". Galaxia.gal.
- ↑ http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipalvarezlimeses/
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Xerardo Álvarez Limeses |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- "Álvarez Limeses, Xerardo". Dicionario biográfico de Galicia I. Ir Indo Edicións. 2010-2011. p. 42.
- "Álvarez Limeses, Gerardo". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.
- Carballo Calero, R. (1975) [1963]. Historia da literatura galega contemporánea. Galaxia. pp. 498–499. ISBN 84-7154-227-7.
- Couceiro Freijomil, A. (1951). "ÁLVAREZ LIMESES, Gerardo". Diccionario bio-bibliográfico de escritores (en castelán) I. Santiago de Compostela: Bibliófilos Gallegos. p. 45.
- Fernández del Riego, F. (1992) [1990]. Diccionario de escritores en lingua galega (2ª ed.). Do Castro. p. 25. ISBN 84-7492-465-0.
- Méndez Ferrín, Xosé Luis (1984). De Pondal a Novoneyra. Edicións Xerais de Galicia. pp. 31–38. ISBN 84-7507-139-2.
- Vilavedra, Dolores, ed. (1995). Diccionario da Literatura Galega. Autores I. Vigo: Editorial Galaxia. pp. 47–48. ISBN 84-8288-019-5.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Predecesor: Casto Sampedro Folgar |
Director do Museo de Pontevedra 1937-1940 (interino) |
Sucesor: Xosé Filgueira Valverde |
- Escritores de Galicia en lingua castelá
- Escritores de Galicia en lingua galega
- Poetas de Galicia
- Nados en Pontevedra
- Nados en 1871
- Finados en 1940
- Membros do Seminario de Estudos Galegos
- Membros correspondentes da Real Academia Galega
- Poetas en lingua galega
- Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela
- Escritores de Galicia coa obra no dominio público