Saltar ao contido

Isidoro Millán Mariño

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaIsidoro Millán Mariño

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1890 Editar o valor en Wikidata
Pontevedra, España Editar o valor en Wikidata
Morte31 de agosto de 1983 Editar o valor en Wikidata (92/93 anos)
Pontevedra, España Editar o valor en Wikidata
Deputado nas Cortes republicanas

1 de decembro de 1933 – 7 de xaneiro de 1936

Circunscrición electoral: Pontevedra
Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpolítico, avogado Editar o valor en Wikidata
Membro de
Familia
FillosIsidoro Millán González-Pardo Editar o valor en Wikidata
PaiJosé Millán Editar o valor en Wikidata

BUSC: millan-marino-isidoro-1890-1983

Isidoro Millán Mariño, nado en Pontevedra en 1890 e finado na mesma cidade o 31 de agosto de 1983, foi un avogado, político e xornalista galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Licenciado en Dereito pola USC. Membro de «Helenes nº 7», o seu nome simbólico era Urco e só acadou o grao 1º (aprendiz). Colaborou en La Correspondencia Gallega, que dirixía o seu pai José Millán e Faro de Vigo. Participou no Pacto de Barrantes (1930) e liderou o Partido Liberal Demócrata en Pontevedra. Foi elixido deputado pola provincia de Pontevedra polo Partido Republicano Liberal Demócrata nas eleccións xerais de 1933, e ocupou o cargo de Director Xeral de Xustiza durante o bienio cedista. En 1935 entrevistouse con José Calvo Sotelo en Cuntis, defendendo a unión das forzas de centro e dereita para opoñerse ás esquerdas. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi afervoado defensor do golpe militar nos primeiros momentos. Posteriormente foi detido o 4 de maio de 1939 "por celebrar reuniones de carácter político", encarcerado e confinado tres meses a unha vila de Cáceres. Volveu ser detido o 17 de xaneiro de 1940 por ser autor de folletos sen pé de imprenta. Foi procesado en 1945 acusado de ser masón e condenado polo delito de masonería o 7 de xullo de 1951.[1] Despois permaneceu afastado da actividade política, dedicándose á súa profesión. Finou en Pontevedra o 31 de agosto de 1983.[2]

Publicou A la sombra del Apóstol (Once siglos de vida compostelana) en 1938. Aparece como figurante na película Miss Ledyia (1916).

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Casou en Cambados con Encarnación González-Pardo Fraga en xuño de 1918,[3] e foi pai de María Encarnación, María Jesús, Isidoro, Francisco José, Pedro e Ramón Millán González-Pardo.

  1. Masonería en Pontevedra (III): o caso Isidoro Millán.
  2. La Voz de Galicia, 1-9-1983, p. 55.
  3. Galicia Nueva, 25-6-1918, p. 2, 3..

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]