Indalecio Armesto

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Caricatura de Indalecio Armesto, Madrid Cómico.

Indalecio Armesto Cobián, nado en Pontevedra o 29 de setembro de 1838 e finado na mesma cidade o 22 de febreiro de 1890, foi un escritor, xornalista, xurista, filósofo e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Nado no seo dunha familia fidalga de xornalistas, na que destacan o seu avó e o seu tío Constantino Armesto Cobián. Con 18 anos marchou a Madrid e estableceu amizade cos políticos republicanos Emilio Castelar, Francesc Pi i Margall e José María Rivero; alí colaborou nos xornais La Discusión e El Trabajo. En 1865 regresou a Pontevedra dedicándose ao xornalismo en El Progreso, La Voz del Pueblo e El Derecho. En 1867 tivo que fuxir a Portugal pola súa participación no fracasado intento de liberais e progresistas de derrubar a Sabela II. No inicio do Sexenio Democrático foi nomeado pola Xunta Revolucionaria presidente da Deputación de Pontevedra o 27 de outubro de 1868. En 1873 foi elixido deputado por Pontevedra e na Restauración retornou á cidade, onde dirixiu os xornais El Anunciador, La República e La Justicia, foi redactor de El Orden e colaborou en e La Crónica. Foi desterrado á Coruña polo caso Elduayen, onde colaborou en La Voz de Galicia.

Ao seu regreso a Pontevedra foi vítima dun atentado en abril de 1889, do que se recuperou aos poucos días. Morreu en 1890, sendo soterrado no Cemiterio de San Amaro de Pontevedra.


Predecesor:
Ramón de la Maza
 Coat of Arms of the Province of Pontevedra.svg
Presidente da Deputación de Pontevedra
 
1868 - 1869
Sucesor:
Vicente Lobit

Pensamento[editar | editar a fonte]

Republicano convencido, foi expoñente en Galicia do pensamento hegeliano e pertenceu á masonaría.

Obras[editar | editar a fonte]

Ensaio[editar | editar a fonte]

  • Discusiones sobre la Metafísica, 1878.

Narrativa[editar | editar a fonte]

  • Ella, su padre y yo.
  • Armando de C.
  • La serenata de Shubert.
  • Vivir llorando.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Barreiro Barreiro, J. L. (1991). Universidade, ed. Indalecio Armesto: filósofo, republicano, masón. Santiago de Compostela. ISBN 84-7191-708-4. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]